Saltar ao contido principal

[eolicaasinon] Acta reunión Coordinadora Eólica Así Non 19.12.2024: valoración 17D e próximas accións

 


ADEGA-Organizacion eolicaasinon@lists.riseup.net

Adjuntos14:50 (hace 3 horas)
para Eolicaasinon

Saúdos, achegamos acta e resumo de acordos da reunión da Coordinadora Eólica Así Non que tivo lugar o pasado xoves 19 de decembro.

RESUMO DE ACORDOS:

1. Valoración da concentración 17D diante do Parlamento: menos participación que a anterior, pero satisfeitos por tela realizado. Acudiron algúns medios. Tivo proxección na TVE, RNE, Nós Diario, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Europa Press, Galicia Confidencial…

2. Próximas accións:

  1. Escrito para a Comisión de Peticións do Parlamento. Remitirase o escrito proximamente pola lista de correo da Coordinadora Eólica Así Non para que o subscriban tanto as entidades xurídicas (colectivos, plataformas, asociacións…) que conforman esta Coordinadora (e outras) como as persoas particulares e veciños/as afectadas. Tras cumprimentar os datos, deberedes presentalo por sede electrónica ou presencialmente en calquera rexistro público dirixido á Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia. Daranse as instrucións oportunas nun vindeiro correo electrónico no que se remitirá o escrito.
  2. Mobilización descentralizada 26 xaneiro: decídese pospoñer as decisións relativas a este punto ata a próxima reunión da coordinadora (7 de xaneiro). No obstante, suxírese que de aquí ao 7 de xaneiro os colectivos e plataformas vaiamos pensando en que cabezas de comarca realizar a mobilización.
  3. Webinar sobre o marco legal actual da enerxía eólica. Será impartida por ADEGA o sábado 18 de xaneiro de 11 a 14 horasAchegarase ligazón para acceder á webinar nunha data máis próxima á sesión.

3. Proxima reunión da Coordinadora: martes, 7 de xaneiro, ás 19:30 horas

Proposta para a orde do día: 1. Mobilización 26 xaneiro, 2. Webinar, 3. Escrito peticións Parlamento. 4. Varios. 

Acceso telemático na seguinte ligazón de Zoom: 

Tema: Coordinadora Eólica Así Non 

Hora: 7 ene 2025 07:30 p. m. Madrid

Join Zoom Meeting

https://us02web.zoom.us/j/88600742886?pwd=gHaeEtbqRzQkavaajf2zHWDxrWoxjc.1 

ID de reunión: 886 0074 2886

Código de acceso: 578524


Que teñades unhas felices festas e que 2025 nos traia un feixe de forzas!

Unha forte aperta!

Belén

COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON

--
_____________________________________________________
 
Belén Rodríguez Fernández
Secretaria Executiva
 
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
-Declarada de Utilidade Pública-

Avenida de Castelao, 20 Baixo
15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 570 099 / 698 139 913
www.adega.gal
adega@adega.gal
organizacion@adega.gal

Faite SOCIO/A!

 

ADEGA-Organizacion eolicaasinon@lists.riseup.net

Adjuntos14:50 (hace 3 horas)
para Eolicaasinon