Saltar ao contido principal

[eolicaasinon] Acta e resumo de acordos Coordinadora Eólica Así Non de 26.11.2024

 



ADEGA-Organizacion eolicaasinon@lists.riseup.net

Adjuntos21:30 (hace 7 minutos)
para Eolicaasinon

Saúdos!

Pola presente, achegamos rascuño de ACTA da reunión da Coordinadora Eólica Así Non do pasado 26 de novembro. A continuación, achegamos RESUMO DE ACORDOS:

  1. Continuar coas accións xurídicas, fundamentais na paralización da invasión eólica.
  2. Promover sesión específica de consulta xurídica. 
  3. Continuar coas mobilizacións na rúa. Complemento esencial da acción xurídica e única forma de concienciación da sociedade.
  4. A coordinadora Eólica Así Non convocará concentración diante do parlamento galego para o martes 17 decembro pola tarde (día no que se aproba definitivamente a lei dos orzamentos).
  5. Valorar para máis adiante outro tipo de accións que clarifiquen a mensaxe e conciencien: xornada de mesas informativas, ciclo de charlas nas universidades, vilas e cidades; webinarios; merchandising/festas para financiarse; etc. 
  6. Desbótase a mobilización do días das montañas por coincidir coa de Altri.
  7. Próxima reunión da Coordinadora: martes 10 de decembro ás 19:30 horas. Achegarase borrador de comunicado para consensuar e faranse estimacións de asistencia. 

A acta completa vai no documento apegado. Se tiverades que corrixir ou facer algún comentario ao respecto do recollido, rogo o indiquedes.

LIGAZÓN DE ACCESO DA PRÓXIMA REUNIÓN: 

Tema: Coordinadora Eólica Así Non 10.12.2024

Hora: 10 dic 2024 07:30 p. m. Madrid

Entrar Zoom Reunión

https://us02web.zoom.us/j/87826399455?pwd=z9y7eaVaubOVIFtap0xBPae73bEaNp.1 

ID de reunión: 878 2639 9455

Código de acceso: 167451


Grazas pola vosa participación. Vémonos de novo o día 10 de decembro.

Avante a loita!!

Belén

COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON