Saltar ao contido principal

[eolicaasinon] 8 invitacións para asistir á votación da lei no Parlamento

 


Colectivo do Vento 

lun, 16 dic, 13:36 (hace 2 días)

Bos días, acaban de confirmarme o acceso ao interior do Parlamento para todas as persoas que o solicitaron. Haberá representación de:
-Asociación A.C.I.B.A.L.
-Colectivo do Vento de Campo Lameiro.
-Plataforma Alto Miño.
-Asociación Vendaval Costa da Morte.
-Asociación Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde.
As persoas convidadas deberán identificarse co DNI na entrada (na rúa do Hórreo, ao lado do edificio do Valedor do Pobo).
Por se queredes que entremos xuntas, estarei tomando un café no bar D'Lucía ás 11:30, cun gorro de la negro.
Lémbrovos que non se pode intervir nin levar lemas en pancartas ou camiseta.

Un saúdo,
Roberto (Colectivo do Vento de Campo Lameiro)

El jue, 12 dic 2024 a las 20:10, Colectivo do Vento (<colectivodovento@gmail.com>) escribió:
Boas tardes. Tal e como trasladou Patricia de Amil Sen Eólicos na última reunión, o deputado do BNG Xosé Manuel Golpe convidou os colectivos a asistir á sesión plenaria do Parlamento de Galicia na que se vota a polémica lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta, para o cal informo:
-Hai 8 sitios dispoñibles (como mínimo).
-Será o vindeiro martes 17.
-Comeza ás 12:00 e pode prolongarse ata as 14:30 (como moi tarde).
-Non se pode intervir nin levar lemas en pancartas ou camisetas.
-Eu quedei de pasarlle mañá venres pola noite unha lista de persoas que aceptan a invitación. Tamén espera recibir información de Belén de ADEGA ao respecto o luns como máximo. Polo tanto, as persoas que queiran asistir deberán enviar nome e DNI a colectivodovento@gmail.com, eu mirarei ese correo sobre as 22:00 para reenviarlle os datos ao deputado. E tamén está a opción de dirixirse a Belén.

Un saúdo,
Roberto do Colectivo do Vento de Campo Lameiro.