SABÍAS QUE a Xunta de Galicia apoia ao réxime sionista a pesar das condenas da Corte Internacional de Xustiza a “Israel” por apartheid e ocupación e da investigación por xenocidio?
QUE PODES FACER?
Escribe ao presidente da Xunta empregando este formulario https://www.xunta.gal/a-presidencia/contacta-co-presidente
Podes empregar o texto da seguinte mensaxe:
Señor presidente:
Póñome en contacto como persoa preocupada pola complicidade da Xunta co réxime de apartheid e xenocida de Israel. Cada día asistimos á pulverización do dereito internacional, e é imprescindible que as institucións galegas corten toda relación con este réxime, como se fixo para illar á Suráfrica do apartheid e como obriga a recente sentenza da Corte Internacional de Xustiza de xullo de 2024 que declarou a Israel culpable de apartheid e a ocupación como ilegal.
En resposta ao chamamento global da maior coalición palestina, o Comité Nacional Palestino de BDS, solicitamos que a Xunta de Galicia adopte as seguintes medidas de maneira inmediata:
1. Suspensión de relacións comerciais e colaboracións con Israel: especialmente en áreas tecnolóxicas e de defensa, dadas as reiteradas violacións dos dereitos humanos e a ocupación ilegal de Palestina. En particular:
- Eliminar a Israel da lista de países prioritarios (e elixibles) nos Plans de Misións Comerciais e internacionalización de empresas galegas e de calquera outro plan
2. Creación dunha comisión que investigue e renda contas de todas as posibles relacións, acordos ou accións que levara ou leve a cabo a Xunta en relación con Israel ou con empresas vencelladas á violación de dereitos palestinos por parte de Israel e monitorice o cumprimento dos estándares de BDS (agora unha obriga legal pola sentenza da CIX).
3. Declaración institucional de apoio ao pobo palestino incluíndo:
- Condena explícita do xenocidio sen “equidistancias” ou condenas paralelas. o Compromiso firme coa campaña global de BDS.
- Defensa de todos os dereitos do pobo palestino recoñecidos no dereito internacional, incluíndo: libre autodeterminación do río ó mar, dereito ao retorno, fin da ocupación, plena igualdade, resistencia armada, liberación de persoas reféns palestinas e o fin das torturas, detencións administrativas e secuestro de crianzas palestinas.
- Chamamento ao goberno central a romper relacións diplomáticas con Israel, suspender o Acordo de Asociación UE-Israel, establecer un embargo de armas e comercial total (incluíndo o material de dobre uso), apoiar a denuncia de xenocidio na CIX e iniciar accións ante a CPI para xulgar ao réxime sionista e a solicitar a expulsión de Israel da ONU.
4. Visibilidade institucional: Solicitamos visibilizar o apoio á causa palestina mediante o izado da súa bandeira en edificios municipais, pancartas de solidariedade, proxeccións luminosas e publicacións nas redes sociais institucionais.
Confío en que a Xunta dará un paso adiante, rompendo a súa complicidade co apartheid israelita e manifestándose do lado da xustiza e os dereitos humanos.