A película, que terá un pase especial en Ferrol por pertencer á comarca na que se rodou, poderá verse tamén en cidades e vilas como A Coruña, A Estrada, Barcelona, Bilbao, Caldas de Reis, Lleida, Lugo, Madrid, Pamplona, Sant Feliu, Santiago de Compostela, Tenerife, Valencia, Valladolid e Vigo.
Despois de facerse cunha mencióin do xurado da sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla, o filme Prefiro Condenarme, de Margarita Ledo Andión, chega ás salas esta sexta feira, 22 de novembro, en datas previas ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra da Muller (25N).
Cun pase especial que terá lugar nos cines Duplex de Ferrol -a maioría do filme foi rodado na comarca de Ferrolterra-, a película poderá verse tamén na Coruña, A Estrada, Barcelona, Bilbao, Caldas de Reis, Lleida, Lugo, Madrid, Pamplona, Sant Feliu, Santiago de Compostela, Tenerife, Valencia, Valladolid e Vigo.
Cun pase especial que terá lugar nos cines Duplex de Ferrol -a maioría do filme foi rodado na comarca de Ferrolterra-, a película poderá verse tamén na Coruña, A Estrada, Barcelona, Bilbao, Caldas de Reis, Lleida, Lugo, Madrid, Pamplona, Sant Feliu, Santiago de Compostela, Tenerife, Valencia, Valladolid e Vigo.
Prefiro Condenarme aposta por respirar coa ollada femenina como ferramenta de emancipación. Con Sagrario como protagonista, Margarita Ledo continúa labrando ese territorio que denomina “o corpo como documento”, recupera arquivos en proceso de degradación dunha zona da Galiza, Ferrol, e visibiliza, dende a clase social e o xénero, a liberdade afectivo-sexual. Todo á procura dun espazo no que xurda a sororidade entre materiais diversos: tomas documentais, performances, películas familiares e imaxes de medios de comunicación.
A historia
O Tribunal eclesiástico de Compostela, que asume competencias civís, contra todo prognóstico absolve da demanda por adulterio a Sagrario Ribela Fra. Recompoñer as pezas desta historia lévanos a unha personaxe popular capaz de confrontar as regras que, tamén no terreo dos afectos, encérrana nun papel de subalterna. E aínda que xurde a violencia, os malos tratos, a falta de dereitos á vez que unha atmosfera social opresiva, en realidade do que trata a película é do que todas e todos buscamos: querer e que te queiran. Prefiro Condenarme é unha película sobre o desexo como parte da loita pola igualdade onde para Sagrario, lembrar é volver pasar polo corazón.
Melania Cruz, Iria Pinheiro, Mónica Caamaño e Mónica de Nut encabezan un elenco que aúna diversos formatos para contar a historia de Sagrario, unha muller do común que, en plena ditadura, puxo no centro o desexo feminino para buscar a igualdade