Saltar ao contido principal

Nota de Prensa da MHD Reunión con Gómez Besteiro

 


Memoria Histórica Democrática

17:35 (hace 2 horas)
para Asociación, bcc: 

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, agradece ao Secretario Xeneral do PS de G-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, a pronta resposta a súa solicitude de entrevista para tratar o tema dos Arquivos Militares situados nesta cidade.

Despexado o temor de traslado inmediato destes arquivos a Madrid e confirmada polo Ministerio de Defensa a súa permencia en Ferrol, ponse de manifesto a prioritaria necesidade da súa dixitalización na ubicación actual o que redundará nunha mellor conservación e máis fácil utilización dos mesmos para familiares e investigadores.

Apreciación compartida por Gómez Besteiro a quen acompañamos hoxe, xunta a unha ampla representación de deputados/as, concelleiras/os e cargos orgánicos socialistas de Ferrol e comarca, nunha visita guiada ao Arquivo Intermedio Militar Noroeste e roda de prensa posterior.

Presidente e directivos da Asociación asistimos a continuación a unha reunión, na Agrupación Local Socialista, onde tivemos ocasión de comentarlles ao Secretario Xeneral e acompañantes varias cuestións da Memoria Democrática como son as Exhumacións do Cemiterio de O Val, en Narón, a próxima constitución dos Consellos Municipáis da Memoria en varios Concellos de Ferrol e Comarca e a petición da fundación do Consello da Memoria de Galicia.