Saltar ao contido principal

Margarita Ledo: filmar os corpos

 


O corpo feminino considerado como un mero mecanismo da reprodución da forza de traballo. A insurrección dunha mariscadora da ría de Ferrol, Sagrario Ribela Fra, que se rebela ante ese destino e que logrou gañar un xuízo por adulterio, en 1972, ante o Tribunal Eclesiástico de Compostela despois dunha vida de traballo duro, de penurias e maltratos. Prefiro condenarme, o último filme de Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951), relata unha vida que podería representar as historias doutras moitas mulleres da clase traballadora.