[eolicaasinon] Convocatoria próxima reunión Coordinadora Eólica Así Non: martes 26 novembro, ás 19:30 horas, telemática
ADEGA-Organizacion <eolicaasinon@lists.riseup.net>
mar, 19 nov, 18:56 (hace 2 días)
para Eolicaasinon
Saúdos a todos e todas!
Como sabedes, a Xunta leva días anunciando unha serie de medidas normativas que pretende impoñer a través da afamada Lei de acompañamento dos orzamentos (e posteriores autoemendas), co obxectivo de sortear as paralizacións cautelares de ducias de proxectos eólicos e tranquilizar así ás promotoras diante da actual situación de parálise eólica.
Algunhas das medidas anunciadas: novo plan eólico, outro canon eólico, repotenciación obrigatoria, aplicación da lei de beneficios ou a retramitación simplificada de proxectos en tramitación ou autorizados e paralizados cautelarmente nos tribunais...!!!
https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/emenda-do-ppdeg-introduce-que-poderan-retramitar-parques-eolicos-parados-forma-mais-simplificada/20241116110636210912.html
Diante dos actuais acontecementos, e logo de recibir varias chamadas de preocupación doutros colectivos, ao respecto das consecuencias destas medidas, somos varias as entidades que formamos parte da Coordinadora Eólica Así Non que consideramos atinado e urxente volvernos reunir canto antes, para atender cando menos os seguintes puntos:
1. Analizar as repercusións das medidas anunciadas pola Xunta a través da Lei de acompañamento dos orzamentos.
2. Posibles accións de resposta.
A tal efecto, propoñemos CONVOCAR REUNIÓN DA COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON para o próximo martes, 26 de novembro, ás 19:30 horas, en formato telemático.
Ligazón de acceso á reunión:
Tema: Coordinadora Eólica Así Non 26.11.2024
Hora: 26 nov 2024 07:30 p. m. Madrid
Entrar Zoom Reunión
https://us02web.zoom.us/j/82063041305?pwd=LhMxhRty9lYbBdPmqtpxIrY7A23VLk.1
ID de reunión: 820 6304 1305
Código de acceso: 421892