Saltar ao contido principal

Acta xuntanza SOS 12 novembro

 

SOS SANIDADE PÚBLICA GALICIA

RESUMO DO ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA.

12 DE NOVEMBRO DO 2024

ASISTENTES:

Asociación Coruñesa de Epilepsia, A Voz da Sanidade de Cangas, Plataforma de Tui, Elena Espinosa parlamentaria PSG-PSOE, Montse Prado Parlamentaria BNG, Plataforma Valmiñor, Plataforma SOS A Coruña, CC.OO, CIG, Isa Rey, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS de Sanxenxo, Plataforma do Barbanza, e Manuel Martin: Voceiro de SOS. Desculparon asistencia Jose Maria Dios, Iria Aboi, Susana alaniz e Jose Manuel Bairamar, Luisa Lores Podemos 

ACORDOS:

1.- Convocar unha Concentración diante do Parlamento o día 17 de decembro de 11 a 12, en protesta polo orzamento sanitario do PP  para o 2025 (insuficiente e que manten a política de desmantelamento do Sistema Sanitario dos últimos 15 anos).

2.- Elaborar unha folla INFORMATIVA, denunciando que os orzamentos non incrementan os recursos para Atención Primaria, NON reducen as listas de agarda, nin as de Saúde Mental e que soamente estan destinados a incrementar os recursos e apoiar a Sanidade Privada.  

3.- Isa Rey deseñará unha campaña para anunciar a concentración de protestas e difundila polas redes sociais e medios de comunicación.

4.- Pedir as Plataformas e Organizacions, que envíen vídeos gravados con móbiles, en horizontal e con fondo branco e de dous minutos de duración, que recollan os principais problemas de cada localidade. Envialos por Wasap ao número 616871886 ou a sossanidadepublicagalega@gmail.com.

5.- Chamar a tódalas Plataformas e organizacións a acudir á Concentración coas súas pancartas e as de SOS.

6.- Apoiar a convocatoria dunha nova manifestación en Vigo, de protesta contra o sobre custe e os recortes do Hospital Álvaro Cunqueiro e a renovación do Concerto Singular do hospital privado POVISA. Chamar ás Plataforma do Área a sumarse a mobilización. A data desta manifestación está por fixar (probablemente despois do Nadal).

7.- Retomar as mobilizacións contra da situación das Listas de Agarda polos problemas dos hospitais públicos (para beneficiar aos privados).

Pontevedra 12 de novembro do 2024

Manuel Martin. Voceiro