Como cada ano no Día Internacional contra a Violencia de Xénero vimos a denunciar as
diferentes formas de violencia que sofren as mulleres. Nun contexto de auxe da extrema
dereita, o feminismo segue loitando polas súas reivindicacións e está a colocar no
centro do debate político e público aspectos importantes das violencias machistas; os
feminicidios, o poder da clase política, a fatria, as agresións sexuais ou a sororidade
entre outros.
Transcorrido máis dun ano, non queremos esquecer a violencia explícita sobre a
Palestina, onde a metade da poboación son mulleres, onde a metade dos fogares foron
destruidos polas bombas israelíes, onde a maior parte da poboación tivo que fuxir dos
seus fogares en búsqueda de refuxio. Violencia ante que os representantes políticos
actúan con pasividade e inacción. Esiximos aos gobernos un alto ao lume que poña fin
ao xenocidio, que se tomen medidas contra o embaixador de Israel, que leve ao Tribunal
Penal Internacional a Netanyahu e a toda a cúpula político-militar de Israel.
Como asociación adicada a memoria histórica, volvemos a lembrar ás irmás Mirabal,
vítimas mortais da ditadura de Trujillo na República Dominicana. Cada ano
reivindicamos o noso dereito de vivir unha vida libre de violencias machistas; o dereito a
expresar a nosa sexualidade, o dereito aunha sanidade pública transversal, o dereito a
cobrar o mesmo polo principicio de igual salario por traballo de igual valor, o dereito a
sair á rúa sen medo, o dereito a un sistema educativo baseado na coeducación.
Non esquecemos ás mulleres atrapadas no sistema prostitucional. Esiximos ás
representacións políticas compromisos firmes para protexer e dotar de dereitos a estas
mulleres e que o corpo e a vontade de ningunha muller sexa comprada ou vendida.
Sabedoras de que os avances sociais son lentos e que os dereitos conseguidos poden
perderse en cuestión de pouco tempo, debemos ser firmes na esixencia das
reivindicacións feministas en tódolos ámbitos e, sobre todo, nas rúas para crear
conciencia.
Estades convocadas para o 25N na Praza do Concello de Fene ás 19:00 horas,
onde estarán as compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres para organizarnos
contra as violencias machistas.