Saltar ao contido principal

VENRES 11 ÁS 19,30 NO ATENEO PRESENTACIÓN DO LIBRO, “Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos





Bos días, 

Agradecería difundírades esta convocatoria. 

Mil gracias 


As memorias de Domingo Quiroga -até agora inéditas- son exemplar testemuño dun relato real sobre a historia máis triste; un acto político tamén, que é deixar falar a quen xa non pode falar: ao preso republicano e masón Domingo Quiroga Ríos. Conta o que reflectiu o seu espello da sórdida realidade que viviu encerrado na prisión provincial coruñesa durante a Guerra Civil e parte da posguerra.

A través do fillo de Domingo Quiroga Ríos, Héctor Quiroga, estas memorias chegaron ás mans do investigador Luís Lamela, quen lle deu corpo para poder chegar ás mans dos lectores. A edición do libro é a cargo da Asociación para A Recuperación da Memoria Histórica  (ARMH)

ACTO DE PRESENTACIÓN

Día da presentación:  Venres  11 de octubre ás 19,30 no Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena 202,   O Ferrol

Participarán:

Xavier Dongil, presidente do Ateneo

Carmen Rodeja, voceira da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Galicia (ARMH) e creadora do blogue memoriadocarcere.com

Xosé Manuel Suarez, investigador

Luís Lamela, investigador e coordinador das memorias