Saltar ao contido principal

Mohamed Safa, médico palestino residente na Galiza: "As ambicións coloniais de Israel van máis aló das fronteiras de Palestina"

 Incansábel loitador polos dereitos do pobo palestino, o médico Mohamed Safa leva toda a vida residindo en Corcubión. Resistente desde a diáspora, levanta a súa voz contra unha guerra colonialista e xenocida que ameaza  todo o fondo do Mediterráneo e Oriente Medio baixo o apoio de Europa e os Estados Unidos.