A memoria democrática nos institutos, vacina contra o 'negacionismo' histórico
O barrio de Monte Alto lembra cun roteiro as "mapoulas libertarias" da resistencia antifascista na Coruña
A memoria do cárcere da Coruña, un fío de historias de represión e resistencia
Selva García: "Non quería vir; Galicia seguía a provocarme terror"
Os franquistas tentaron roubar cartos da campaña do Estatuto do 36 mentres mataban os seus promotores
A investigación de Rubem Centeno presenta probas de que os restos de 250 fusilados ou paseados polo franquismo na comarca da Coruña -ata agora desaparecidos- foron soterrados en foxas comúns no cemiterio de San Amaro
Sempre se considerou probable que os cadáveres dos fusilados e paseados no Campo da Rata e noutros lugares da cidade da Coruña e da súa comarca podían ter acabado nunha foxa común do cemiterio de San Amaro. Era un segredo a voces, pero non había probas. Durante dous anos Rubem Centeno levou a cabo unha investigación que partiu dunha procura persoal -o lugar no que foran deixados os restos do seu tío-avó- e que acabou dando lugar a unha listaxe de 250 persoas asasinadas en 1936 e soterradas en foxas en San Amaro.
Hai uns días Centeno presentou os resultados da súa investigación na Asociación Cultural Alexandre Bóveda acompañado de Beatriz Parga, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH). Unha investigación aínda en proceso, e que permitiu fixar o lugar no que se atopan os restos de Jaurés, Bebel e Frances García, os irmáns da lejía; tamén os dos fusilados do Portiño ou os dos fusilados da fábrica de Brens, e así ata uns 250 nomes.