A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu a sesión plenaria na que se aprobou de xeito inicial o regulamento do Consello Sectorial da Memoria Democrática do Concello de Narón.
| 11:59 (hace 2 horas) | |||
Onte, una representación da nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, estivo presente no Pleno do Concello de Narón, no que se aprobou, por unanimidade de todos os Grupos Municipais, o Regulamento de funcionamento do Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática.
Órgano de carácter asesor, que ao amparo da Lei da Memoria Democrática, asistirá ao Concello nos temas desta índole. Foi creado a proposta da nosa Asociación, que estará nel representada xunta os representantes dos Grupos Municipáis e Historiadores.
Parabéns ao concello de Narón por este paso importante para a Recuperación da Memoria.
O pasado mes de maio o pleno aprobaba a creación do Consello Sectorial da Memoria Histórica e Democrática, designando aos representantes municipais no mesmo. Aprobouse por unanimidade e de xeito inicial o regulamento deste organismo, que estará adscrito á área de Participación Cidadá.
O Consello terá competencias no termo municipal e ofrecerá asesoramento nos asuntos relacionados coa aplicación da Lei de Memoria Democrática, favorecerá a reparación e dignificación da veciñanza considerada como vítima e tamén a investigación e difusión de episodios silenciados pola ditadura franquista, entre outros obxectivos.
No pleno aprobouse o pago ao veciño concello de Ferrol, en concepto dos gastos efectivos do servizo de depuración do período de xaneiro a decembro do pasado ano, dunha partida de 919.381,38 euros en base aos informes técnicos estimados que obran no expediente.
O convenio coa Fundación para o fomento da construción naval e das actividades marítimas (Exponav) foi tamén aprobado na sesión plenaria.
O acordo supón ás arcas locais un desembolso de 10.000 euros destinados á citada entidade, co fin de que poida continuar co seu labor de desenvolvemento do programa de actividades museísticas e de fomento da industria da construción naval, o que repercute directamente no sector turístico e é de interese para a comarca de Ferrolterra.
Na sesión plenaria determináronse os días festivos locais para o vindeiro ano, que no caso da cidade serán o 4 de marzo, martes de Entroido, e o 24 de xuño, festividade de San Xoán.
No apartado de mocións aprobouse a presentada polo BNG para incluír un técnico deportivo profesional no cadro laboral municipal e outra da mesma formación para mellorar as conexións ferroviarias de Narón e a súa área de influencia.
Así mesmo, saíu adiante a moción presentada polo PP para a mellora viaria e servizos na zona do Couto, que contempla demandas que actualmente están en execución. Fóra da orde do día aprobáronse dúas mocións, unha do PSOE para amañar as fochancas nas beirarrúas da avenida Souto Vizoso, un vial de titularidade da Deputación da Coruña e, tal e como se indicou dende o grupo de goberno no pleno, para o que o Concello solicitou a comezos deste ano un documento de cesión para poder executar a obra, e sobre o que aínda non obtivo resposta algunha.
A segunda moción aprobada foi a presentada por PP, BNG e PSOE para crear unha comisión interadministrativa entre o Concello e a Xunta para resolver a contradición sobre a ausencia da calificación de solo de aproveitamento forestal no termo municipal, un asunto sobre o que o grupo de goberno está xa traballando co equipo redactor do PXOM e persoal técnico da Xunta de Galicia.