Saltar ao contido principal

O grande esmorecemento: últimas bafaradas dunha forma de habitar o rural

 


Desde a segunda metade do século XX, a Galiza está a presenciar a desaparición acelerada dun modo de vida no rural que persistiu durante milenios. Hai, sen dúbida, aspectos positivos nesta transformación. Mais, ao tempo, trátase dunha perda cultural de enorme magnitude: durante os vindeiros meses, o colectivo Habitar o Baleiro achegará a estas páxinas as historias dun mundo que esmorece, pero que merece ser contado.