Segundo o xurado, «Azul cobalto» é unha obra de temática «rompedora»
O célebre escritor ferrolán de literatura infantil e xuvenil, Antonio Yáñez Casal, acaba de resultar ganador do Premio Pura e Dora Vázquez de Narración coa súa obra "Azul cobalto". Segundo o xurado convocado pola Deputación de Ourense, trátase dunha obra «moi orixinal e cunha temática rompedora, doada de ler, cunha linguaxe e un estilo moi coidados».
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2024/09/13/antonio-yanez-casal-logra-pura-dora-vazquez-narracion/0003_202409F13C5_COPY995.htm