Saltar ao contido principal

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

 



♀️🙌 Día Internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres e nenas.
Un 23 de setembro de 1913 promulgouse na Arxentina a Lei nº 9.143, a primeira norma legal no mundo destinada a loita contra a explotación sexual. Coñecida como “Lei Palacios” esta lei marcou un punto de inflexión na loita contra a escravización de mulleres e crianzas para o exercicio forzado da prostitución.
A Conferencia Mundial da Coalición contra o Tráfico de Persoas promulgou o 23 de setembro como o “Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas” en coordenación coa Conferencia de Mulleres que tivo lugar en Dhaka en xaneiro do 1999.
No mundo, a abolición da escravitude data de comezos do séculos XX, porén, a trata de persoas no mundo segue vixente a día de hoxe, preséntase como un negocio moi rendíbel nun contexto de comercialización dos corpos e do sexo e sófreno principalmente as mulleres e nenas.
En 2024, nun contexto de capitalismo salvaxe e imperialismo, moitos dos países que se autodenominan democráticos son cómplices e actores activos de que sigan existindo persoas en situación de explotación sexual e tratas de persoas. No mundo en que vivimos convivimos a diario con explotación sexual, nas rúas, en pisos, en clubes nas estradas... Unha realidade de explotación sexual e trata de persoas que vemos, coa que convivimos diariamente e que, malia a barbarie que presenta, normalizamos.
As sociedades e as administracións toleran esta situación e fan caso omiso do que acontece. Desde as administracións tómanse medidas mornas e case estéticas que en ningún caso favorecen ás vitímas, que revitimizan, senón que as colocan no epicentro do problema. Reprímense na maior parte dos casos ás agredidas e deixan intactos os privilexios dos opresores.
O estado español está á vangarda como un dos maiores consumidores europeos de prostitución, sendo consumidores máis do 40% dos homes. Esta porcentaxe tradúcese en que catro de cada 10 homes no estado español consumen ou consumiron prostitución algunha vez. Un 40% dos homes que antepoñen as súas vontades sexuais ao consentimento, que colocan ás mulleres como bens de consumo ao seu servizo, que poden mercar e consumir cando desexen.
Desde o feminismo galego levamos anos reivindicando unha lei integral para as vítimas de trata, maior protección e dotación de medios para as persoas que abandonan esta situación. Como sociedade temos un papel urxente de abordar esta situación e acabar coa escravitude e explotación sexual de mulleres e crianzas.
Da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos reivindicar neste día a loita feminista e anticapitalista como ferramenta para acabar con esta lacra.
Porque o feminismo vai transformar o mundo e seguiremos en marcha até que todas sexamos libres!
Puede ser una imagen de una o varias personas y texto
Todas las reacciones:
Fani Doce y 3 personas más