CONVOCATORIA DUNHA MANIFESTACIÓN NACIONAL O 6 DE OUTUBRO EN COMPOSTELA
Cando se compre un ano da agresión a Gaza que deixa uns niveis de morte e destrución sen
precedentes e logo de máis de 76 anos de ocupación ilegal, as organizacións abaixo asinantes
facemos un chamamento ao pobo galego a saír ás rúas en defensa destas reivindicacións:
1.A denuncia e o rexeitamento ás accións militares do Estado sionista de Israel tanto na Faixa de Gaza
como no resto de territorios palestinos o que supón unha grave violación do dereito internacional.
2.A detención inmediata das agresións e a total retirada das tropas de ocupación e das colonias
ilegais na Palestina.
3.O respecto pleno ao dereito de soberanía da Palestina dos pobos da rexión.
4.A total solidariedade co pobo palestino. Lamentamos a perda de milleiros de vidas e manifestamos
o profundo pesar polas vítimas e o padecemento da súa poboación.
5.Instamos á Unión Europea a dar o apoio humano e humanitario necesario á Palestina e ao seu pobo,
en coordinación coa comunidade internacional. Instamos tamén a intensificar os esforzos de axuda
humanitaria e de emerxencia e obrigar a Israel a respectar o dereito internacional humanitario.
6.Instamos á Unión Europea, ao Estado español e ao Goberno da Xunta de Galicia a organizarse para
acoller nas mellores condicións ás persoas refuxiadas que poidan derivarse desta agresión militar.
Asemade, que se comprometan á atención socio sanitaria das crianzas palestinas en grave situación
de vulnerabilidade. Demandamos tamén a estas institucións a ruptura de relacións diplomáticas e de
acordos académicos e comerciais co estado de Israel.
7.Pedimos á Unión Europea un maior esforzo para impulsar unha desescalada da ocupación e da
violencia a través de relacións diplomáticas e do respecto do dereito internacional.
8.Pedimos aos concellos da Galiza o compromiso de non acoller ningún evento de carácter deportivo,
cultural ou doutra índole con asociacións ou organizacións israelís. Adherimos á convocatoria de
boicote económico a Israel e comprometémonos a non mercar produtos de orixe israelí, nin realizar
contratacións con empresas do estado sionista.
9.O recoñecemento do Estado Palestino, co seu territorio íntegro, entre o río Xordán e o mar
Mediterráneo.
10.Apoiamos a convocatoria dunha manifestación nacional de solidariedade co pobo palestino e en
denuncia do xenocidio en Gaza e da ocupación da Palestina o vindeiro 6 de outubro ás 12h desde a
Alameda de Compostela.
Galiza con Palestina! Paremos o xenocidio!