Feijóo suxire "traballar nove horas e media catro días á semana" como fórmula para rebaixar a xornada laboral, no canto de minguar o total de horas co mesmo salario. O ex-presidente da Xunta e actual líder do PP mantén, nunha entrevista en Telecinco, que en calquera caso "o primeiro é recuperar a produtividade da economía española" e "o segundo", lograr unha "rebaixa" de baixas laborais.
- HEMEROTECA | Non só tentar conciliar: o "dereito ao tempo" entra na axenda das eleccións europeas
- HEMEROTECA | Galicia bate marcas en excedencias para coidar crianzas malia a alta demanda e gratuidade nas escolas infantís
- HEMEROTECA | O traballo na hostalaría segue por riba das 40 horas semanais malia unha década de diminución