Saltar ao contido principal

LECTURAS

 



 


Hai un par de semanas andei a dar unhas voltas polo Kiosco Alfonso coruñés e os espazos veciños, onde se desenvolveron as actividades da 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico. 


Non son, nin fun –en idade adulta– lector habitual de cómics, o que non quita para que me teña achegado e me achegue a eles de cando en vez e lles dedique un tempo á súa lectura. E abofé, que algúns me prestaron e me prestan ben. Xa sexa por abordar temas que me interesan, xa, se cadra, por estar aínda latente o pracer que me producía a súa lectura en anos infanto-xuvenís. Porque de neno, desde ben cativo, si fun, máis que lector, devorador incansable do que daquela en Ferrol lle chamabamos chistes. Tamén se escoitaba un importado tebeos, obviamente polo TBO, título dunha das primeiras destas revistas que de xeito sistemático caeron nas miñas mans.


Posiblemente, foi Pumby a primeira revista desas características que lín, cando debía ser bastante pequeno, porque non me lembro do nome de ningún dos protagonistas –paréceme recordar que eran maioritariamente animais– nin do título de ningunha das historietas.

 Foi este un fugaz reencontro, de pe na rúa mirando ao mar que tantas veces contemplou os nosos xogos de nenos e á ribeira que formou  tamén parte do noso “parque infantil”. Logo de tanto tempo poderíamos falar de tantas cousas! pero deixámolo para outro intre, que seguro chegará, aquí ou en Santander, abofé.

Felizmente, dous amigos logo de tanto tempo de silencio, volven a se atoparen.