Saltar ao contido principal

Informacion Sanitaria SOS Sanidade Recibidos

 





manuel martin

Adjuntos12:20 (hace 4 horas)
para bcc: 

Información Sanitaria SOS Sanidade Pública

Manuel Martin. Voceiro 



O persoal do C.S. de Baltar de Xanxenso estivo sen roupa limpa ( uniformes) nas ultimas semanas de agosto, ademais de encontrarse mermados de persoal debido a baixas,  vacacións, etc., ( tanto no C.S. de Vilalonga como no C.S. de Baltar non cobren ausencias nin de enfermería nin de facultativxs), agora encóntranse con que a lavandaría esta privatizada, que a pesar de financiado por impostos, non presta os seus servizos.

https://www.facebook.com/share/p/2yBYwoDTjadhAH8g/

O Sergas permitirá que non haxa UCI nos centros privados aos que subcontrate cirurxías en Ourense: O Sergas, incapaz de asumir con medios propios a lista de espera cirúrxica existente na área sanitaria de Ourense, sacou a concurso un contrato para subcontratar con centros sanitarios privados diversos tipos de intervencións e  declara expresamente ás posibles empresas "non ten a obriga de ter UCI nin sequera para os casos de cirurxías de alta complexidade. Isto poñe en risco a vida dos enfermos atendidos.

https://praza.gal/politica/o-sergas-permitira-que-non-haxa-uci-nos-centros-privados-aos-que-subcontrate-cirurxias-en-ourense

O BNG formalizou o pasado venres unha petición para a posta en marcha da comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con Eulen, os asinados durante a pandemia e o Álvaro Cunqueiro, o obxectivo é poñer «luz» ese presunto «sobrecusto» de 470 millóns de euros por «a construción privatizada» do hospital vigués e a forma de contratar «a dedo» da Xunta tanto pola vía de urxencia durante a pandemia como na súa relación con compañías como Eulen, que alcanza cifras de máis de 4.000 millóns de euros.

https://www.abc.es/espana/galicia/bng-registra-comision-investigacion-sobre-contratos-xunta-20240913214426-nt.html?ref=https%3A%2F%2Fwww.abc.es%2Fespana%2Fgalicia%2Fbng-registra-comision-investigacion-sobre-contratos-xunta-20240913214426-nt.html

Rueda defende o currículo da curmá de Feijóo para continuar na Xunta: Eloína Núñez foi nomeada (con fraude de lei ao utilizar para esta designación de subdirectora xeral una comisión de servicios ) nova subdirectora xeral de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria da Consellería de Política Social. Un posto ao que chega logo de cesar como xerente do Hospital de Santiago, posto ao que chegou tras ser nomeada por Feijóo no que tivo  numerosos problemas co persoal e coas persoas das residencia de maiores.

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/272057-rueda-defende-curriculo-curma-feijoo-continuar-xunta-atesoura-experiencia-importante

A prima de Feijóo adxudicou unha praza ao seu marido catro anos despois de ascender na Xunta. Eloína Núñez , designada polo seu curmán xerente da área sanitaria  de Ourense aos tres meses de chegar á presidencia do Goberno en Galicia, creou un cargo que non existía no seu hospital para asignarllo ao seu esposo e  adxudicou contratos a empresa Eulen, encabezada en Galicia por Micaela Núñez Feijóo,

https://www.publico.es/politica/prima-feijoo-adjudico-plaza-marido-cuatro-anos-despues-ascender-xunta.html/amp

A Voz do Paciente de Cangas volta a convocar concentración os martes as 12 horas diante do Cetro de Saude contra o desmantelamento da Sanidade Pública.  NON PERMITAS QUE A XUNTA NORMALICE  ESTA SITUACIÓN.

1 archivo adjunto• Analizado por Gmail