Saltar ao contido principal

DENUNCIA DA ASAMLEA REPUBLICANA DE VIGO

 



A Asemblea Republicana de Vigo denunciará na Fiscalía de Vigo ás 12:00 horas de mañá, venres día 20 de setembro, a Juan Carlos de Borbón (Rei Emérito) e ás Infantas na sede da Cidade da Xustiza de Vigo (Antigo Hospital Xeral) por delito fiscal e branqueo de capitais en relación á constitución dunha Fundación en Abu Dhabi con fondos milmillonarios ocultados á facenda española


O Rei Emérito realizou dúas regularizacións fiscais mediante a presentación de declaracións complementarias por certos tributos e períodos abertos a inspección e comprobación. A primeira tivo lugar en decembro de 2020. A segunda tivo lugar en febreiro de 2021, por importe de 4,4M€ e segundo declarou tivo que pedir diñeiro prestado aos seus amigos para pagarlle a Facenda.


Agora resulta que constitúe con 2.000 millóns de euros unha fundación onde as Infantas participan no padroado. 


A cidadanía queda novamente abraiada coas condutas do anterior xefe da Casa Real e Xefe do Estado


O estupor que causan estas recorrentes noticias non ten parangón con outros casos de corrupción pública. 


A denuncia preséntase á Fiscalía Xeral do Estado e á Axencia Tributaria que teñen o deber xurídico de esclarecer e perseguir as condutas que poidan deducirse dos feitos informados.


Trátase dun deber terminante, dunha cuestión de legalidade inescusable, pero tamén de moralidade pública, perturbada pola indecencia de tales condutas.


 En Vigo a 19 de setembro de 2024