Bos días
Enviámosvos información da 3º Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia que comeza o 2 de outubro, día internacional da Nonviolencia e termina o 5 de Xaneiro.
Un equipo de persoas percorrerá o mundo, saíndo de Costa Rica o día 2 e volvendo a Costa Rica o 5 de Xaneiro.
No transcurso deses tres meses, miles de organizacións sociais, culturais, políticas... realizaremos diversas iniciativas en todos ámbitos sociais que sexa posible, cun interese: concienciar sobre a Paz e a Nonviolencia como práctica para resolver conflitos e unha nova forma de relacións interpersoais e sociais.
Consideramos que a violencia fracasou e non é o camiño para producir cambios, a resposta violenta xera máis violencia.
Precisamos contar con máis entidades que se sumen e propoñan accións a levar a cabo no marco da Marcha. Convidamosvos a participar. Calquera actividade será benvida para formar parte dun programa que agardamos sexa un pulo necesario para mobilizar á cidadanía nesta etapa que atravesamos. As ideas poden ir dende as pequenas ata as maiores, con usuarios habituais ou abertas ao público en xeral... Poden ser actividades culturais, deportivas, divulgativas... en definitiva, calquera cousa que se adapte ás vosas necesidades
Facémosvos chegar esta proposta. Anexámosvos folleto informativo e folla de adhesión para a vosa consideración de adhesión á devandita iniciativa.
Para ampliar información non dubidedes en preguntarnos.
Un saúdo afectuoso
Documento de adhesión
á 3a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia
A 3a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia é unha denuncia da situación, máis que nunca perigosa, que
se vive no mundo, co risco dunha terceira guerra mundial nuclear e o aumento do gasto en armamento,
mentres que en zonas cada vez máis vastas do planeta moitas poboacións atópanse marxinadas pola falta de
dereitos humanos, alimentos e auga.
Queremos:
• Seguir creando conciencia de que é unicamente a través da Nonviolencia que se pode conseguir a
paz e abrir o futuro para toda a especie humana.
• Pór de relevo as diversas accións positivas que persoas, grupos e pobos xa están levando a cabo en
moitos lugares para garantir a aplicación efectiva dos dereitos humanos e a non discriminación e
para promover a colaboración, a convivencia pacífica e a non agresión. Todo iso recibe escasa
cobertura nos medios de comunicación oficiais.
• Dar voz ás novas xeracións que queren recoller o testemuño e deixar a súa pegada, instaurando a
cultura da Nonviolencia no imaxinario colectivo, na educación, na política, na sociedade... Do
mesmo xeito que a conciencia ecolóxica enraizou en poucos anos, chegou o momento da conciencia
nonviolenta.
Para este propósito, suxerimos un Acordo de Compromiso coa vosa organización que, segundo as vosas
capacidades e nivel de implicación, podería ser o seguinte:
ACORDO entre a Entidade e a “Asociación Sociocultural Mundo Sen Guerras e Sen Violencia – A Coruña”,
con CIF: G-70.572.169, Mail para comunicacións: mundosenguerrasesenviolenciag@gmail.com, e con
enderezo na Avda. De Arteixo, 73, 6o izda., 15007, na cidade da Coruña. Inscrita no rexistro autonómico co
no 2019/022949-1a, e no rexistro municipal co no 720.
POR MEDIO DO PRESENTE DOCUMENTO, O COLECTIVO
Nome do colectivo:
Enderezo
Cidade, Código Postal
Teléfono
Correo electrónico
E COMO ENLACE CO EQUIPO PROMOTOR DA 3a MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A
NONVIOLENCIA NA CORUÑA:
Nome e Apelidos:
Tel. Móbil:
Mail:
Cargo:
ADHÍRESE Á 3a MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NONVIOLENCIA, CUXOS TEMAS
FUNDAMENTAIS SON:
1. Prohibición das armas nucleares: Apoiamos firmemente a ratificación dos Estados do Tratado sobre a
Prohibición das Armas Nucleares (TPAN), respaldando a campaña ICAN. Cremos na necesidade urxente de
evitar unha potencial catástrofe nuclear e de asegurar un futuro libre destas armas.
2. Desarme proporcional: Avogamos pola renuncia dos Estados ao uso da guerra como medio para resolver
conflitos ou adquirir recursos naturais. É esencial "saír da prehistoria" e avanzar cara a un mundo onde os
conflitos se resolvan de forma pacífica.
3. Obxección de conciencia: Defendemos este dereito fundamental, proporcionando a cada ser humano a
posibilidade de non participar en actos de violencia. Enarboramos o lema "Non no meu nome" como unha
expresión da nosa postura ética.
4. Reconstrución das Nacións Unidas: Apoiamo-la reforma da ONU, incluíndo a creación dun Consello de
Seguridade Medioambiental e outro Socioeconómico, así como a eliminación do dereito de veto. Unhas
Nacións Unidas renovadas deben velar efectivamente por todos os cidadáns do mundo e actuar de maneira
nonviolenta e efectiva en caso de conflito.
5. Sostibilidade do planeta: É vital asegurar un planeta plenamente sostible, denunciando o espolio dos
recursos naturais polas corporacións multinacionais. "A Terra é a casa de todos" e, por iso, debemos coidala
colectivamente.
6. Integración e benestar global: Comprometémonos coa erradicación da fame nos próximos dez anos,
promovendo sistemas socioeconómicos inclusivos que aseguren o benestar de todos.
7. Non discriminación: Reafirmamos o noso compromiso coa igualdade e a non discriminación en todas as
súas formas, promovendo o respecto e a dignidade para todos os seres humanos sen excepción.
8. Cultura da nonviolencia: Impulsamos a educación na nonviolencia activa como metodoloxía de acción, e
cremos firmemente que "a nonviolencia é a única forza capaz de transformar o mundo".
O COLECTIVO ACORDA:
□ adherirse á 3a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia
□ poñer en marcha iniciativas durante o transcurso da mesma (do 2 de outubro de 2024 ao 5 de
xaneiro de 2025)
□ participar no Equipo Promotor da Marcha na Coruña
O COLECTIVO AUTORIZA A Mundo Sen Guerras e Sen Violencia:
• A INCLUÍR O LOGOTIPO da entidade, nas diferentes aplicacións de difusión da 3a Marcha
Mundial pola Paz e a Nonviolencia.
• A INCLUÍR NO DIRECTORIO DA 3a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia: o seu enderezo
electrónico e teléfono de contacto, e acepta recibir comunicacións dende o Equipo Promotor da 3a
Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia.
Na cidade de A Coruña, a día ____ de _______________ do 202__
Selo ou Sinatura: