| sáb, 28 sept, 16:38 (hace 23 horas) | |||
O colonialismo imposto á Palestina desde 1947 vense agudizando unha vez
máis despois da Operación Inundación de Al-Aqsa lanzada o 7 de outubro
do 2023 por grupos da resistencia palestina. O goberno de Netanyahu
iniciou inmediatamente un bombardeo na Faixa de Gaza matando unha cifra
imprecisa de persoas palestinas, moitas delas crianzas.
Israel, apoiado polo imperialismo da OTAN, a UE e a ONU, asasina á
poboación palestina á vez que destrúe fogares, escolas e hospitais e
bloquea recursos básicos. Pola súa banda, os gobernos español e galego
dan apoio ao sionismo para que continúe coas súas accións criminais, do
mesmo xeito que se lucran con estas moitas empresas como é caso de
Carrefour, HP, Remax ou Siemens, entre outras.
Case un ano despois do incremento da hostilidade contra o pobo
palestino, empezaron a xurdir manifestacións internacionais contra o
xenocidio (Seattle, Montreal, París…) arredor do 7 de outubro. Na Galiza
fíxose pública o pasado 9 de setembro unha convocatoria de mobilización,
que partirá o domingo 6 de outubro ás 12:00 h desde a Alameda de
Compostela.
Desde a Rede Galega pola Palestina animamos á sociedade galega a unirse
á mobilización. Gostaríanos que a convocatoria fose máis plural,
contando coas diferentes colectivas da Galiza que defendemos ao pobo
palestino.
Por isto e porque apoiamos as accións globais que reclama o pobo
palestino, convidámosvos a participar nun bloco o máis unitario posíbel,
para reivindicar o carácter internacionalista da mesma; a estratexia
BDS de Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel; os dereitos do
pobo palestino ao retorno, á autodeterminación do río ao mar e á
resistencia –incluída a armada– e a denuncia de todas as institucións
cómplices do sionismo.
Facemos un chamamento para organizármonos neste bloco. Se estades
interesades nesta proposta podedes responder a este enderezo e
mandaremos máis información.
Ampla unidade contra o sionismo!
Que viva a loita palestina!