| 10:39 (hace 7 horas) | |||
í |
NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA (AGDSP): SIGUE O NEPOTISMO DO PP EN GALICIA.
O pasado 22 de agosto, faleceu atragoada unha muller nun restaurante da Illa e denunciaron que a ambulancia tardou corenta minutos en acudir desde a base de Sanxenxo. A distancia entre A Illa e Sanxenxo é de 25 Km. mentres que con Vilagarcía é de tan só 7. Estes problemas repítense durante os veráns.
A poboación atendida polo Hospital de Vilagarcia é de 66.756 persoas (Vilagarcia, Vilanova, A Illa, Cambados, Catoira e Caldas de Reis) os que temos que engadir os turistas que acoden no verán). A poboación de Sanxenxo é de tan so 33.854 persoas (ou de 42.454 se incluímos a do Grove que esta a 14 km).
A pesares disto, o SERGAS traslada cada verán a ambulancia medicalizada de Vilagarcía (que podería salvar á paciente na Illa de Arousa) a Sanxenxo, alegando o incremento de poboación polo turismo, cando a realidade é que ten 24.302 habitantes menos no período estival que o área de Vilagarcia
A explicación a esta absurda decisión (que pon en risco a poboación da área de Vilagarcía), podería ser que o Concello de Sanxenxo está presidido por un destacado membro da dirección do Partido Popular, empeñado en presentar a súa localidade como o epicentro do turismo cunha oferta de servizos elevada para unha poboación que na súa maior parte goza dun alto nivel de renda (o Emerito ten a esta localidade como base para navegar)
En definitiva o traslado da Base da Ambulancia medicalizada de Vilagarcía a Sanxenxo evidencia que a planificación sanitaria dos servizos de ambulancia da Consellaría de Sanidade está condicionada pola política de beneficiar aos Concellos presididos polo Partido Popular e á poboación de maior nivel de renda, en lugar de para atender ás necesidades de saúde da poboación. Como consecuencia: a menor nivel de renda maior exposición ao risco asistencial.
Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública