Saltar ao contido principal

O BNG denuncia "cifras récord de sinistralidade laboral" e reclama ao PP que axilice o traspaso de Inspección de Traballo

 



O BNG denunciou este venres as "cifras récord de sinistralidade laboral" en Galicia e reclamou ao PP a solicitude formal do traspaso da Inspección de Traballo e Seguridade Social, acordada no Senado o pasado marzo. O deputado nacionalista encargado da área de Emprego, Ramón Fernández Alfonzo, acusou á Xunta de "autocompracencia" e de "falta de iniciativa" e esixiulle que faga cumprir a normativa de prevención de riscos laborais, competencia do Goberno galego. 

Segundo o BNG os datos oficiais do Ministerio de Traballo recollidos ata o pasado mes de xuño "colocan a Galiza entre as tres Comunidades Autónomas con máis mortes, con 30 falecementos por causas laborais". Por iso o BNG vén de rexistrar unha interpelación ao conselleiro de Emprego para preguntarlle sobre a sinistralidade laboral no país. "A estes datos súmanse, despois do mes de xuño, outras catro persoas falecidas no afundimento do Argos Georgia nas Malvinas, e neste último mes de agosto, en tan só 15 días, faleceron outras catro persoas facendo o seu traballo", lembra o BNG. PSegundo o deputado nacionalista, a Xunta "presume" de reducir a mortalidade durante o ano 2023, "omitindo que as cifras de 2022 son extremadamente elevadas por causa do naufraxio do Vila de Pitanxo, no que morreron 21 persoas".
Para Fernández Alfonzo, os últimos acontecementos, "colócannos diante dunha nova vaga de mortalidade laboral" e veñen constatar que a sinistralidade en Galicia "está instalada en cifras récord dun xeito estrutural", advirte. Lamenta ademais que as caídas desde tellados e as que acontecen no sector forestal continúan repetíndose.ublicidade