Nota SOS peche centros saude durante o veran
í |
Algúns exemplos que ilustran esta afirmación, conseguidos pola Plataformas SOS Sanidade Pública, e que Rueda chama "casos puntuais" :
Ferrol: centros de saúde fechados. Non se cobren pazas de médicxs nin enfermaría; Arteixo: non se cobren vacacións do persoal (algúns destxs profesionais xa nin as collen); Ponteareas: de 14 facultativxs consultan 9, polas tardes tan só atende urxencias; Fisterra: sen pediatra, non se cobren vacacións; Muxía: tiñan pediatra ata que llo levaron para Cee. Tampouco se cobren vacacións; Outes sen pediatra e sin cobertura de vacacións; Fornelo de Montes, sen pediatra; Sanxenxo: non se cobren prazas de médicxs nin enfermaría; O centro de saúde de Vilalonga non pechou grazas a que xs propixs facultativxs organizaron as súas vacacións en quendas; Covelo: algúns días sen persoal facultativo e deixan enfermaría para as urxencias; Mondariz: de tres facultativxs queda tan só un; Crecente: ten médicx só dous días á seman ata o 16 de agosto; A Cañiza: non cobren baixas, sen pediatra ata o 16 de agosto; Salvaterra: 1 médico de 3 e as urxencias ao H. Álvaro Cunqueiro; Vigo: Centro de saúde de Coia: citas presenciais de 10 días e feches pola tarde dos centros de saúde Pintor Colmeiro; Navia e Lavadores.
Detrás desta situación, está a estratexia dá Xunta de Galicia do PP, de debilitar e desmantelar un modelo envexado por boa parte dous países dá Unión Europea, para abrir espazo á privatización sanitaria, como demostra que a poboación galega gaste 684 euros anuais en sanidade privada e que o 16,5% da poboacion (446.651 persoas) subscribiran seguros privados, seguros que en moitos casos podemos catalogar de lixo (con listas de espera para atención urxente, meses para acceder a especialidades ou que rexeitan patoloxías complexas para envíalas a sanidade pública). Nos últimos tres anos a cidadanía gasta 50 euros máis en pagar médicos privados.
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, volvemos a recordar a necesidade de incrementar o gasto sanitario público especialmente en Atención Primaria ata o 25%, manter os Centros de Saúde abertos durante o verán e a exixencia de formación específica e probas que acceso aos postos de xestión (baseados en criterios de equidade, mérito e formación acreditados); e unha política de persoal xusta e incentivadora.
A chegada do verán non pode afectar a asistencia sanitaria da poboación. Defendemos e defenderemos a Sanidade Pública Galega, pese o PP!
ResponderReenviar |