Saltar ao contido principal

Nota AGDSP negocios sanidade Feijoo

 





manuel martin

9:38 (hace 3 horas)

í

Para que utiliza Núñez Feijoo a Xunta de Galicia e a Sanidade Pública Galega

 

1.- Para beneficiar economicamente á súa familia

 

-Feijóo cede a xestión das 50 residencias sanitarias públicas á empresa Eulen, dirixida pola súa irmá,  que tras uns anos as vende ao fondo francés dono de DomusVi, a empresa da nefasta xestión das residencias galegas na pandemia

 

-Ao longo do seu mandato Feijóo concedeu 34 millóns de Euros á empresa Eulen (3M/ano). Cando colle rumbo a Madrid designa a Rueda, para substituílo na presidencia da Xunta e para continuar coa mesma política de regar a súa familia con cartos públicos. Rueda, alumno avantaxado, adxudicou a Eulen outros 17 millóns en 2 anos (8,5M/ano), a base de concursos amañados e información privilexiada.

 

-Universal Support, empresa sen vinculación algunha co sector sanitario, cuxo director comercial é o cuñado de Feijóo (irmán da súa parella ), beneficiouse dos fondos anticovid da Xunta, que utilizou o call center de dita empresa como centro de información sobre a pandemia, poñendo ademais en risco a protección dos datos sanitarios dos galegos e galegas

 

2º.- Para favorecer con diñeiro público a empresas privadas (que recorta da Atención Primaria):

 

-O Hospital Alvaro Cunqueiro foi  construído e xestionado por unha UTE (por decisión de Feijoo nada mais chegar á Xunta) na que participaba a empresa do seu propio conselleiro de obras públicas, Agustín Hernández. Esta obra tivo un sobrecusto de 470 millóns a pesar de reducir en máis dun 30% os recursos previstos no contrato.

-As 400 camas recortadas do proxecto permitiron manter o Concerto Singular co hospital POVISA , ao que paga 75 millóns de euros públicos/ano (800 millóns nos últimos dez anos). Rocio Mosquera, do Grupo POVISA,  foi nomeada Conselleira da sanidade por Feijóo para artellar o plan que blindaba o concerto co hospital privado. Todas estas informacións, xa foron denunciadas (incluso no Parlamento Europeo) pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

 

Núñez Feijóo, como outros moitos políticos neoliberais, non ten ningún interese na Sanidade Pública xa que como paciente utiliza a sanidade privada cando ten problemas de saúde,  como na súa recente intervención por desprendemento de retina.

 

Tanto a Xustiza como o Parlamento de Galicia deberían abrir unha investigación para esixir responsabilidades e rematar cunha política que tanto dano esta facendo á Sanidade Pública e á saúde da poboación galega.

 

 

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública