NOTA DA AC MHD: Ramón Silva, residente en Madrid, con quen mantemos contacto, enviounos estas fotos da súa visita ao Memorial de Canido, onde, entre as 904 vítimas do franquismo nestas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, figura o seu avó, ANTONIO SILVA MIER, natural de Ribadesella (Oviedo), de 30 anos, de profesión panadeiro, casado, con 2 fillos, fusilado no Castelo de San Felipe o 22 de xaneiro de 1942. Deixou no Memorial un ramo de flores na súa memoria e na de todos os fusilados. Agradece a lembranza coa realización deste Monumento.
Para Ramón unha afectuosa e agradecida aperta dos socios e socias de Memoria Histórica Democrática.