Saltar ao contido principal

Fillas de Cassandra: “A emoción segue exactamente igual, aínda coa pel de galiña”

 



A vida de María SOA e Sara Faro cambiou de vez cando se coñeceron, en 2018. Desa feliz

 conxunción xurdiu Fillas de Cassandra, un primeiro disco e moitos proxectos, concertos e ganas de

 non espertar dese soño que é toda unha realidade. A gran acollida do seu disco debut, Acrópole,

 fíxoas reinventalo nos directos para darlle unha nova vida a través do espectáculo Últimas

 Dionisíacas. Nas últimas semanas coñecemos o seu novo tema, D’Escarnio, e esta noite chegan a

 Bueu para amosarlle ao público do SonRías Baixas a destrución da Acrópole e acadar unha catarse

 colectiva, onde a emoción brote a mares.