DUPLEX presenta #24 | Presentación e coloquio de 'Volveréis'
Jonás Trueba presenta o seu novo filme en Ferrol
O próximo venres 6 Jonás Trueba virá ao DUPLEX Cinema para presentar a súa oitava e máis recente longametraxe, VOLVERÉIS.
O filme recibiu o premio á Mellor Película Europea na Quincena de Realizadores, no festival de Cannes.
VOLVERÉIS é unha intelixente comedia que reflexiona sobre o amor e as relacións longas. Preséntanos a unha parella que decide celebrar a súa separación cunha festa, unha voda ao contrario. Os protagonistas están interpretados por Itsaso Arana e Vito Sanz, colaboradores habituais nos filmes do director, que nesta ocasión tamén participan como guionistas.
A presentación do filme comezará ás 19:25, tamén faremos un coloquio ao finalizar a proxección.
As entradas xa se poden adquirir a través da web ou no despacho de billetes do cinema.
Merca aquí as túas entradas
Volveréis
Jonás Trueba
Despois de 15 anos xuntos, Ale e Alex teñen unha idea que podería parecer absurda: organizar unha festa para celebrar a súa ruptura. Este anuncio deixa perplexos aos seus seres queridos, pero eles mantéñense firmes na decisión de separarse. Ou se cadra non?
🏆 Cannes 2024 (Mellor Filme Europeo - Quincena dos Realizadores)
'O mellor filme de Jonás Trueba (...) emociona e fai rir cun filme sobre o cinema, a vida e o amor que lembra ao mellor Woody Allen' Daniel Mantilla Kinótico
'Fresca, sensata, emocionante, instructiva, (...) un filme que de maneira sinxela, pequena, fálache de cousas complexas e moi grandes' Oti Rodríguez Marchante ABC
Jonás Trueba (Madrid, 1981) debutou como director con Todas las canciones hablan de mí (2010), pola que foi candidato a Mellor Dirección Novel nos Goya. Outros títulos destacados da súa filmografía son La virgen de agosto (2019), premio FIPRESCI en Karlovy Vary, ou Quién lo impide (2021) Cuncha de Prata á Mellor Interpretación de Reparto en San Sebastián e Goya ao Mellor Documental, entre outros galardóns. O seu anterior filme, Tenéis que venir a verla, recibiu o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional Karlovy Vary.