Saltar ao contido principal

Comunicado: Sete anos sen mina




Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON minatouroopinonon@gmail.com

Adjuntos10:37 (hace 2 horas)
para bcc: 
Bos días, maña domingo día 25 cúmprense 7 anos dende que soupemos da intención dunha nobel empresa Cobre San Rafael para reabrir a mina de Touro, un proxecto que viña da man de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas. 
Sete anos despois a mina sigue sin abrir, cun proxecto denegado que volven presentar e que o Goberno declarou Proxecto Industrial Estratéxico. 

Facemos balande e contámosvos o noso camiño, aproveitamos para facer tamén pública a campaña de apoio da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago que lanza no día de hoxe para pedir a denegación do proxecto de reapertura da mina. 

Gracias por colaborar e apoiar a nosa información difundindoa, compartindoa e publicándoa. 

Apertas

--
Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

SETE ANOS DUNHA HISTORIA QUE EMPEZOU HAI CINCUENTA
O 25 de agosto cúmprense sete anos dende que se deu a coñecer a través do Diario Oficial de
Galicia que unha empresa nobel, sin experiencia, descoñecida, recien creada, cun capital de
apenas 3.000 euros, presentaba un proxecto para a reapertura da mina de Touro.
Así é como a xente de Touro e O Pino “espertou do seu sono”.
Estes días acompañamos a Lola Rontano, na presentación da sua novela “Esperta do teu sono”
que versiona o acontecido contra a mina de Corcoesto; lendoa, vémonos reflexados. No
extractivismo sempre siguen o mesmo patrón, chámese Corcoesto, San Finx, Alberta, Touro,
Altri, teñen un manual xa aprendido, daquela colleunos por sorpresa, agora xa non nos
espantamos das suas campañas, o que sí aprendemos foi a non fiarnos máis, non calar e
quitarlles a careta.
Primeiro entran calados, sin facer ruído, ir traballando sin ruido para que non se teña
oposición ou se a hai que chegue tarde, cando xa por fin fan públicos os documentos para
aparentar transparencia e cumprimento da lei de información pública, xa levan moito traballo
para ter ás persoas axeitadas colocadas para convencer á xente das aldeas, que non se teña
oposición é moi importante, non facer ruído, que sea un paseiño curto.
No caso da mina de Touro, o paseiño atragantouselles case tres anos; contaban, según decían
abrir a mina xa no Nadal do 2017, empezar a “operar” decían, nada máis lonxe.
Nesa data de Nadal a Plataforma veciñal mina Touro O Pino NON, que xurdiu da unión da
veciñanza e centos de colectivos sociais, culturais, ecoloxistas, empresariais, políticos,
sindicais, unidas á Plataforma pola defensa da ría de Arousa empezamos un periplo por toda
Galicia; a mobilización nas rúas empezou en Touro cunha manifestación histórica con tractores
incluídos, seguimos con outra en Compostela aborrotando a Praza do Obradoiro que se
quedou pequena e moita xente non poido acceder á praza; e outra novamente en Touro coas
Marchas da Dignidade; unha amplísima e longa lista de apoios do mundo da cultura e do
audiovisual que puxo todo da sua parte, documentais como A ameza do cobre de Xosé A.
Bocixa ou Minaría Non de Lentes Diverxentes percorreron e percorren Galiza e traspasaron
fronteiras; poemas, narrativas, imaxes, música, artigos, encontros, pinturas, festivais,
documentais, cantigas... o canto da Pinga e a Lavandeira vibrou na voz de Helena de Alfonso e
o Hallelujah de Heredeiros da Crus pechou os festivais do verán dese ano convertíndose en
himnos que siguen vivos cada día e permanecerán para sempre ligados a esta oposición.
Logo virían informes como o de ICOMOS, as alegacións da Fraternidade internacional do
Camiño de Santiago, da Sociedade Galega de Historia Natural ou da Federación Ecoloxista
Galega; informes demoledores sobre o riscos das balsas do matemático e experto en
hidroloxía estadounidende Steven Emerman; milleiros de informes e alegacións que
desmontaban día tras día un proxecto inviable. Foron 45 concellos galegos, de todas as cores

políticas, e duas Diputacións Provinciais as que aprobaron mocións contra a mina, e por
suposto tamén se tivo que ir a Bruselas á Comisión de Peticións con esta problemática e a
denuncia da ausencia de restauración dos ríos contaminados pola mina, dende 1988 que
botou o peche definitivo, seguían vertendo á cunca do río Ulla, augas con drenaxe áceda de
mina. En Bruselas acordaron o envío dunha misión de investigación para comprobar a
situación das minas galegas pechadas e a ausencia de restauración das augas, esta misión
anulouse, o motivo foi que antes da pandemia, a finais de xaneiro de 2020, a Conselleira de
Medio Ambiente anunciou por sorpresa que a DIA era negativa, e o proxecto non ia adiante,
nas mesmas datas envialle carta á Comisión de Peticións para que se pechara a petición
aberta sobre a mina de Touro en base a que xa se emitía a súa declaración negativa, e a
investigación sobre a contaminación das augas non continuou.
A DIA foi negativa pero o problema non era solo a reapertura da mina outra vez, foise
agrandando, esgromaron todas as problemáticas que nestas terras se dan como consecuencia
de ter actividade dunha mina a ceu aberto unha ducia de anos, porque ese foi o tempo que
estivo activa, entre o ano 1973 e o 1986 ata o peche definitivo en 1988; aquí non houbo mina
aberta antes, nin depois, máis que nese período, a pesar de que querian facer ver que a
tradición mineira nesta terra é centenaria, como se chegou a ler nalgun dos panfletos da
empresa que quere reabrila. A base económica destas terras susténtase nas industrias
agroalimentarias, gandeira, agraria, forestal, turismo, comercio, hostelería e servizos, que da
emprego e diversifica sendo unhas terras cunha tasa de desemprego entre un 5 e un 8%, aquí
xérase emprego e ven xente de fóra traballar aquí, sin necesidade de ter unha mina.
Contan os máis vellos que cando pechou Rio Tino a mina en 1988 deixou 300 millóns de
pesetas para a sua restauración e un canle perimetral de bombeo das augas contaminadas
darredor das balsas da mina, para que as augas con drenaxe ácida de mina procedentes da
presa de estériles non saíran ao dominio público hidraúlico, nunca se soupo a onde foron os
cartos. Do canle perimetral sí se soupo, o novo propietario dos terreos, mercou os terreos e
unha autorización de captación de augas no río Lañas que sigue tendo a días de hoxe, sendo
coñecedor do seu estado e dos pasivos ambientais que recibía e tamén das obrigas que tería
de restauración; empezaron esa restauración plantando eucaliptos, eses foron os únicos plans
de restauración oficias que chegamos a coñecer. Logo, viría un convenio entre a USC, Augas de
Galicia e Medio Ambiente, a primeiros do ano 2000, para recuperar os ríos a base dos
chamados tecnosolos, feitos a base principalmente de lodos de depuradoras.

Vinte e catro anos despois dese convenio, xa non está vixente, os resultados son que temos
unha planta de residuos non perigosos que recolle básicamente lodos de depuradoras que
despois de mesturados con astillas, deposítanse e apílanse polos terreos da mina, metros e
metros de espesor polas cortas abaixo, sin que se coñeza en qué consiste este tipo de
restauración, unha planta de tratamento de residuos que recibe continuas denuncias pola
emisión de olores nauseabundos e insoportables para os veciños das aldeas de Fonte Díaz e
sobre todo Loxo.
Os ríos Pucheiras, Portapego, Ameneiro Lamas, Burgo, Felisa que van aos ríos Lañas e
Brandelos e de ahí ao río Ulla levan máis de tres décadas aportando contaminantes día e noite,
argumentan que son cauces de pouca importancia, pequenos.
Tivo que ser a partir dunha inspección fruto das numerosas denuncias cando por fin confirman
en 2018 que ten que cesar a saída das augas a eses ríos, e a Administración é quen de esixirlle
por fin á empresa un proxecto de drenaxe integral das augas e que non siguan saíndo, vaia,
outra vez un canle perimetral, o que antes eliminaran. Pero o asunto non remata ahí despois
de 6 anos ese proxecto non está realizado, a pesar de ter que telo rematado en doce meses; o
proxecto que plantean ademáis non evita a saída das augas, o que pretende este proxecto

temporal, propón un desvío das augas dos ríos Portapego, Ameneiro Lamas e Felisa a unha
balsa de augas ácidas coñecida como a balsa do Vieiro onde ademáis se reciben residuos
dunha nave de tratamento de plásticos de silos, lavado de camións das actividades industriais
e demaís residuos, e de ahí levarían as augas a unha depuradora e verteríanse ao rego
Pucheiras, que actualmente xa está recibindo as augas do Vieiro sin autorización coñecida.
Esta petición de autorización de vertido sospeitamos que non é máis que unha escusa para
valeirar a balsa de augas do Vieiro e ter, ademáis de unha captación de augas boas herdada da
anterior explotación mineira, unha autorización de vertidos legalizada para cando volvan a
iniciar a actividade mineira, xa que por desgracia volvemos a estar á espera do dictado do
DOGA sine día para saber cando poderemos coñecer os documentos do proxecto de
reapertura da mina que novamente presenta a empresa, agora pola vía de Proxecto Industrial
Estratéxico declarado polo Consello da Xunta o 24 de xuño deste ano, día do patrón de
Touro, coma se dun agasallo festivo se tratara. Non sabemos o que nos depara e qué teremos
que facer de novo, o que sí sabemos é que seguiremos decindo que non queremos novamente
unha mina nas nosas terras, porque xa o vivimos e non foi unha boa experiencia a repetir.
Mentras os movementos ecoloxistas e a veciñanza siguen abrindo vías para impedilo,
avecíñase un outono movido e cargado de novas: o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia terá
que resolver a demanda que Cobre San Rafael presentou contra a Xunta de Galicia pola DIA
negativa; a Fiscalia de Medio Ambiente da Coruña ten abertas dilixencias penais de
investigación sobre a situación que se está dando nos terreos da mina e as augas; Augas de
Galicia ten enriba de mesa unha nova sanción á empresa da mina por vertidos industriais sin
autorización procedentes da balsa de Bama, ademáis de recursos por incumprimentos do
proxecto de drenaxe temporal; a revisión da autorización integral da planta de residuos ou a
autorización de vertidos ao rego Pucheiras das augas da balsa do Vieiro, ademáis das
dilixencias abertas no Xuzgado de Arzúa por estas circunstancias, son solo un exemplo da Caixa
de Pandora que se destapou vai facer sete anos, logo de medio século aló polos anos 70 do seu
comenzo, coa intención de volver poñernos unha mina á porta da casa, unha mina que
rexeitaremos tantas veces como faga falta.

“Pedimos el apoyo a esta campaña para la denegación del Proyecto
Industrial Estratégico de reapertura del mina de Touro”, muy cerca del
Camino de Santiago Francés. Pedimos la denegación del proyecto
declarado estratégico de reapertura de la mina. Solo un minuto de tu tiempo para salvar la cultura, el patrimonio, las costumbres y el medio
natural”

https://action.wemove.eu/sign/2024-8-deneguemos-la-reapertura-de-la-mina-de-touro-a-
coruna-espana-ES