Saltar ao contido principal

A expresión das Meninas de Canido engloba a pintura e a música nunha fin de semana

 O barrio prepara tres xornadas que estarán repletas de actuacións e actividades


A homenaxe particular que os ferroláns fan a Velázquez xa vai moito máis aló do que nun principio se esperaba. Agora, a arte gráfica combínase coa música e os mercados creativos que fan de Canido o epicentro da cidade durante unha fin de semana.


O cartel deste ano mistura todo tipo de iniciativas, nas que se manteñen nomes que xa son coñecidos na cidade coa unión de artistas de renome nacional e internacional. Poderase desfrutar de, entre outros, Vuelco, Gon, Mayl Shambala, Beucha & Karina ou Isabella Fox Arias.


Canido tamén terá espazo para un mercado creativo no que se poderán atopar todo tipo de enseres e propostas que van dende Barro&Co, un taller de serigrafía artesan, ata Pampillo Store, un “proxecto de arte miúda” no que o deseño gráfico e o collage van en totes, tazas ou libretas. 


Ademáis, haberá unha presenza de comercios locais de todo tipo. Entre eles atópanse, por exemplo, Longa Vida, Dávana e Waves, que xa son fieis a este evento.Nesta nova edición, o pregoeiro será o xornalista local Jesús Ordovás, que dará o pistoletazo de saída o venres 6 de setembro as 20.00 horas no Parque Antón Varela.

 

Música maestro


A primeira ronda musical tráena 3 Bravos Toros 3, seguidos de Indy Tumbita & The Voodoo Bandits e Mr. Fishman, encargado de pechar esta primeira noite.


O sábado, o hilo musical comezará ás 14.00 horas con Los Duques de Monterrey, Santiago Auserón ou Dj Sfhir –quen tamén participa como artista– porá fin a noite cunha actuación programada para as 1:15 horas.
Para rematar o evento, o último día actuarán catro grupos. Pola maña Airiños de Fene e Lenda Ártabra e, pola tarde, Eme Eme Proyect e Adóbriga