Saltar ao contido principal

DENUNCIA PÚBLICA SOS SANIDADE PÚBLICA

 




Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos  denunciar a opinión pública que Xunta de Galicia vende fume na celebración  os cen días do Goberno presidido polo señor Rueda na Sanidade Pública, con actos publicitarios na Cidade da Cultura:

1.- A política da Consellería de Sanidade e mais do mesmo, presidida por un profesional proveniente da atención hospitalaria que dedicou súa actividade profesional a conseguir parataxe tecnolóxico, moitas veces innecesario  e a manter relacións coas empresas multinacionais da Farmaindustria das que percibiu fondos, deixando a súa  sorte o nivel primario.

2.-  A Atención Primaria segue en crise pola falta de orzamento, de persoal e equipamento. As medidas anunciadas para este verán pódense catalogar de ocorrencias como médicos itinerantes, ofertar apartamentos a médicos de fora de Galicia, darlle responsabilidades asistenciais a médicos en formación, fechar consultas ou trasladar ambulancias de lugar. Como consecuencia desapareceu  dos Centros de Saúde a promoción, prevención rehabilitación ou o traballo Comunitario

3.- Esta estratexia afonda os problemas de escaseza orzamentaria (12% a metade no 25% recomendado),  falta de pediatría, de persoal de tódalas categorías  e os peches de Centros de Saude periféricos no rural, probablemente para sempre  (aínda quedan 65 despois da poda dos últimos anos), deixando sen atención a poboación que mais a necesita.

4.- Incrementar  a privatización hospitalaria grazas aos concertos coa privada consecuencia da falta de aproveitamento dos públicos que soamente traballan a metade da xornada mentres os privados concertados traballan día e noite. A renovación do Concerto Singular con POVISA e un escándalo, mentres o Cunqueiro traballa a baixo rendemento.

5.- As Listas de Espera seguen sendo maquilladas ocultando a miles de persoas enfermas que deben esperar meses ou anos para ser consultadas ou operadas. O Conselleiro foi claro ao dicir que no lle importa nada estas listas.

6.- Mantense a precariedade do persial sanitario

En definitiva una política destinada a manter o desmantelamento da Sanidade Pública para favorecer a privada con concertos ou aos seguros privados (que se poden catalogar na maioría dos casos de lixo).