Ferrol, 1 de xullo de 2024
A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en comunicarlle que o venres 5 de xullo ás 12.00 h realizarase o espectáculo Burromaquia de Inacio Vilariño. A actividade reúne unha selección de contos, fábulas, poemas e cancións nas que se fala con simpatía do entrañable burro. Para nenos e nenas a partir de 4 anos. Agardamos que a información sexa do seu interese.
Reciba un cordial saúdo.
|