Saltar ao contido principal

A FUXIDA DO BOU “RAMÓN”

 



A FUXIDA DO BOU “RAMÓN”
ENLACE A VÍDEO: https://drive.google.com/file/d/11iz0jcwfbJCHa8MxzKDIfKgL3TgZDj5D/view?usp=sharing
Hai hoxe 85 anos -a noite do 20 de xullo de 1939- en Ares, 27 republicanos da comarca de Ferrol que levaban 3 anos agochados en diversos lugares, evitando a morte polo terror fascista, conseguiron poñerse a salvo. 
Apodéranse do bou “Ramón” e coa súa tripulación parten cara á liberdade, chegando, despois dunha grande odisea, o día 24, ao porto francés de La Rochelle, 
Os 10 mariñeiros do pesqueiro regresan a Ares e os 27 son internados no campo de concentración de Le Barcarés, na costa mediterránea. 
A partir de aí cada un orienta a súa vida con mellor ou peor fortuna. Moitos deles veranse afectados pola Segunda Guerra Mundial que comeza inmediatamente e por unha Ditadura, en España, que durará 40 anos.
Unha historia de sacrificios e de enorme solidariedade na que familias, veciños e, sobre todo, moitas mulleres tiveron un papel fundamental para que estes homes puidesen salvarse.