"O sistema sanitario público galego está colapsando" denuncia SOS Sanidade Pública nun documental que presentou no Circo de Artesáns coruñés. "As mortes rexistradas son máis que as xustificadas pola epidemioloxía". "Ten que ver co deterioro do sistema, que está á cola en investimento e iso tendo en conta que estamos nunha comunidade coa poboación moi envellecida e dispersa, para quen a atención primaria é esencial" resaltan.