CONCELLO DE FERROL
INFORME ACTIVIDADES A DESENVOLVER en relación á conmemoración do Día
Internacional do Orgullo LGBT+ 2024
Desde a Concellería de Muller e Igualdade, e seguindo a providencia ditada pola concelleira
o 6/5/2024 (cividas 2024015669) propóñense as seguintes actividades para a
conmemoración do Día Internacional das Diversidades Sexuais deste ano 2024, que terá
como lema “FERROL DIVERSO”
1) ROTEIRO E PUBLICACIÓN “FERROL DESVIADO”
4 Roteiros de “Ferrol Desviado” que terán lugar en diferentes datas de xuño por confirmar,
ao facer por primeira vez extensible os roteiros non só ao público en xeral, senón tamén aos
centros educativos da cidade. A alta demanda, as boas evaluacións de quen participou e as
listas de agarda que tivo este roteiro fan que desde a concellería se opte por repetilo.
3 dos roteiros serán ofrecidos aos centros educativos da cidade, e 1 será para o público en
xeral o 28 de xuño ás 18.30h.
1.1) Transporte para que a veciñanza da zona rural asista ao roteiro de Ferrol
Desviado.
2) FALADOIRO
Terá lugar de xeito simbólico no Ateneo Ferrolán o 21 de xuño de 2024 ás 18.30h, simbólico
porque en 1985 acolleu o I Encontro Galego de Feministas Lesbianas.
Coa historiadora Daniela Ferrández, autora do proxecto Ferrol Desviado, con Cristina
Palacios (Arelas) e con Nanina Santos (activista histórica e coorganizadora do I Encontro
Galego de Feministas Lesbianas no ano 1985.
3) Colocación de cartelería nos establecementos da cidade coas cores do arco da vella,
representativas do colectivo LGBT+ e máis cos actos da campaña deste ano 2024.
4) Acendido coas cores do arco da vella da fachada do Teatro Jofre e na fachada do Pazo
Municipal, desde o venres 21 de xuño ata o venres 28 de xuño.
5) Bandeira de apoio aos colectivos LGBT+ nas fachadas do Concello de Ferrol e do Teatro
Jofre.
6) Campaña publicitaria e material de difusión para amosar o apoio do Concello de Ferrol
aos colectivos LGBT+ e difusión dos roteiros.
a) Anuncios en prensa escrita e dixital: La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e Galicia Ártabra.
b) Mupis en 5 espazos publicitarios visibles da cidade coas actividades a realizar.
c) Pulseiras e chapas coas cores do arco da vella e o logo do concello.
d) Publicación de díptico explicativo do roteiro para dar a coñecer unha parte máis da historia
da nosa cidade, que non por descoñecida deixa de ser fundamental para comprender o
Ferrol do século XXI desde un punto de vista da loita e reinvidicacións dos colectivos LGBT+.
O animador sociocultural,
David Monteagudo Martínez