Saltar ao contido principal

Acampa - Pola paz e o dereito a refuxio

 Máis de 70 millóns de persoas á espera de refuxio nun mundo hostil. E os barcos de rescate en porto, e as fronteiras pechándose e enchéndose de valos e concertinas. Recorda, mañá é o Día Mundial dos Refuxiados. E na Coruña inaugurase #Acampa, unha iniciativa nada no 2016 a prol da paz e o dereito a refuxio. Achégate aos Xardíns de Méndez Núñez entre mañá e o sábado, e coñece, de primeira man, unha realidade á que o primeiro mundo lle da as costas. Exposicións fotográficas, debates de expertos, actividades formativas, lúdicas, música, documentais... toda a información en www.coruna.redeacampa.org

CORUNA.REDEACAMPA.ORG

In
icio | Acampa - Pola paz e o dereito a refuxio