| mar, 30 abr, 11:51 (hace 1 día) | |||
Nota AGDSP novo Conselleiro de Sanidade de Galicia
O novo Conselleiro de Sanidade é un médico que provén do mundo hospitalario con importantes relacións (conflitos de interese) coa industria tecnolóxica e farmacéutica, da que recibe financiamento
1.- Este nomeamento supón a aposta da Xunta de Galicia por manter a situación de abandono e deterioración da Atención Primaria (que non consideran un negocio lucrativo), poñendo á fronte da Consellería de Sanidade a un profesional especialmente interesado nas últimas innovacións tecnolóxicas e moi afastado da AP de saúde
2.- Prioridades do novo Conselleiro pasan por a renovación do parque tecnolóxico (como admite o propio Conselleiro); os cribados poboacionais acordados sen respaldo científico; e a investigación centrada en innovacións tecnolóxicas e farmacolóxicas con prezos disparatados que obrigaran a Consellería recortar en necesidades sanitarias de primeiro orde como é AP de saúde (que ten demostrado alcanzar resultados en saúde moi superiores a calquera tecnoloxía, por moi alta que esta sexa).
3.- Con todo, este nomeamento esta dirixido a poñer os centros hospitalarios públicos ao servizo da industria farmacéutica e tecnolóxica para que experimenten os seus produtos mediante ensaios clínicos. Case a metade (43%) dos ensaios autorizados pola UE realízanse en centros públicos españois e galegos, cunha importante participación da industria privada. Recentemente abriuse unha Unidade de Ensaios Clínicos para estudar novos fármacos no CHUAC que leva a cabo máis de 160 ensaios controlados pola industria farmacéutica. A Sanidade Pública pon o diñeiro, os recursos e os enfermos para que a multinacionais experimenten novos produtos que logo patentan e venden ao sistema público a prezos moi elevados.
En resumo mentres a Atención Primaria Galega agoniza por falta de financiamento, persoal e desastre organizativo, Rueda pon á fronte da Consellería de Sanidade a un profesional cuxa actividade estará orientada a favorecer a laboratorios e empresas de alta tecnoloxía cos fondos públicos que se nega ao nivel primario.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública