Ferrol, 16 de maio de 2024 A Biblioteca Municipal de Ferrol comunícalle o inicio da actividade Mares de letras: obradoiro creativo, impartido por Lucía Jares. A actividade pertence ao programa Ler conta moito.
Está dirixida a público adulto e terá lugar entre o 3 e o 12 de xuño. Serán 8 sesións de 90 minutos, de luns a venres, ás 11.30 h.
A inscrición está aberta. Para inscribirse debe acudir á biblioteca e cubrir o formulario.
É un obradoiro para compoñer textos desde a imaxinación. Propostas que se saen do cotián e desconcertan os nosos cálculos, e inducen a inventar e a transformar o pensamento. Dentro dun espazo de confianza no que non se avalía un resultado, só se anima a observar, a descubrir e a soltarse. Se parte do automático e coa práctica xorde a agudeza e o enxeño.
Agardamos que a información sexa do seu interese.
Reciba un cordial saúdo.
|