LUISA VILLALTA E O “NON Á GUERRA”.
Hoxe, Día das Letras Galegas, honramos á poeta, dramatuga, escritora e música Luisa Villalta, a súa obra, a súa personalidade e tamén o seu compromiso coas causas sociais e coa vida de todas e todos.
Aquí en Ferrol, entre outras ocasións, acompañounos cos seus poenas, naquel acto organizado pola A.C. “Fuco Buxán” o 21 de febreiro do 2003, de “NON Á GUERRA” , no que tanta xente da Cultura participou xunto a partidos, sindicatos e tecido asociativo, como o Ateneo Ferrolán. Un acto que, desgraciada e traxicamente, segue sendo actual e necesario. Bo día das LETRAS GALEGAS para todas e todos, HOXE E SEMPRE.