Saltar ao contido principal

ALTRI E GREENALIA

 


Greenfiber (Altrti e Greenalia) resume en tres parágrafos do seu Proxecto Gama (páxina 92) para construír

 unha celulosa en Palas de Rei (A Ulloa) as súas necesidades de enerxía eléctrica. A pesar de que nos seus

 anuncios públicos Altri asegura que a fábrica vai ser “autosuficiente” enerxeticamente, o certo é que no

 proxecto publicado no Diario Oficial da Galiza (DOG) o pasado 4 de marzo a empresa recoñece que vai

 precisar enerxía eléctrica para a súa posta en marcha, unha electricidade que prevé nunha subestación de

 7.000 metros cadrados dentro da planta, pero para a que demanda ademais que Red Eléctrica Española

 (REE) constrúa outra subestación na zona cunha conexión de 110 megawatts (MW) e unha liña de arredor

 de 3 quilómetros coa que conectar a súa subestación cos nodos externos de REE.