Saltar ao contido principal

ALARMA: NOVA VAGA DE MEGRAPROXECTOS EÓLICOS

 


Tarabelas Terra de MOntes 


Dende a Terra de Montes damos a voz de ALARMA pois esta semana comezou a tramitación estatal, no MITECO, dunha nova vaga de megaproxectos eólicos na nosa comarca. Afectan ós concellos de 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗼 𝗟𝗮𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼, 𝗖𝗲𝗿𝗱𝗲𝗱𝗼-𝗖𝗼𝘁𝗼𝗯𝗮𝗱𝗲 𝗲 𝗔 𝗘𝘀𝘁𝗿𝗮𝗱𝗮 e trátase dos proxectos 𝗫𝗨𝗕𝗥𝗜𝗡𝗧𝗔𝗦, 𝗔𝗟𝗔𝗠𝗢𝗖𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗲 𝗖𝗛𝗔𝗠𝗔𝗥𝗥𝗔𝗣𝗜𝗢. Detrás deles está o grupo empresarial 𝗔𝘁𝗶𝘁𝗹𝗮𝗻 𝗘𝗹𝗶𝗼𝘀 𝗲 𝗗𝗿𝗶𝘇𝗮-𝗜𝗻𝗰𝗼𝘀𝗮.
Sabemos que non veñen sós, pois os enviados destas empresas levan meses na comarca contactando cos propietarios dos terreos e sabemos que teñen moitos máis proxectos na carteira.
O que comeza a acontecer na nosa comarca non é alleo ó resto de Galiza, así como podemos saber por unha nova publicada recentemente: galiciapress.es/articulo/ultima-hora/2024-05-08/4825691-uuaa-avanza-segunda-oleada-proyectos-eolicos-planean-aerogenedores-menos-200-metros-viviendas
Estes megaproxectos pretenden acollerlle ó Real Decreto-lei 20/2022, intentando evitar unha avaliación ambiental ordinaria. Por iso a fase que comezan agora, A DETERMINACIÓN DE AFECCIÓN AMBIENTAL, é moi importante xa que o informe que emita o MITECO resolverá se o poden facer:
Artículo 22. Procedimiento de determinación de afección ambiental para proyectos de energías renovables.
2. Los proyectos sometidos al procedimiento de determinación de las afecciones ambientales regulado en este artículo no estarán sujetos a una evaluación ambiental en los términos regulados en la Ley 21/2013, de 9 de diciembre, en la medida en que así lo determine el informe al que se refiere el apartado 3 de este artículo. No obstante, los términos empleados en este artículo se entenderán de conformidad con las definiciones recogidas en el artículo 5 de la Ley 21/2013, de 9 de diciembre
(...)
3. d) En todo caso, el órgano ambiental formulará el informe de determinación de afección ambiental en el plazo máximo de dos meses desde la recepción de la documentación. En dicho informe se determinará si el proyecto puede continuar con la correspondiente tramitación del procedimiento de autorización por no apreciarse efectos adversos significativos sobre el medio ambiente que requieran su sometimiento a un procedimiento de evaluación ambiental o si, por el contrario, el proyecto debe someterse al correspondiente procedimiento de evaluación ambiental conforme a lo previsto en la Ley 21/2013, de 9 de diciembre
No seguinte enlace podedes descargar a documentación a información pública, tanto a dos proxectos citados, doutros anteriores coma a dos que están a vir. Recomendamos que a revisedes habitualmente: https://sede.miteco.gob.es/.../seMITECO/navAfeccionAmbiental

Dende Terra de Montes solicitamos axuda para poder entender como funciona a participación pública nesta fase, que posibilidades temos para facer chegar as nosas aportacións ó respecto dos impactos ambientais e poder conseguir que o MITECO resolva que estes proxectos deben ter unha avaliación ambiental ordinaria.
Moitas grazas,