Saltar ao contido principal

Acampa pola paz e o dereito a refuxio

 


A Quinta de DO é o grupo musical que porá son no día da clausura do Encontro Internacional Acampa pola Paz, o 9 de xuño. Trátase dunha agrupación aberta actualmente formada por músicos doutras agrupacións coma Extrema Urgencia, A Bule Bule Band, Ímola Virando, SegFault, Quintas Canella grupo, Coitelo de pau e dúas bandas de Música. Antonio Yañez o baixo e piano, Fran Naveira percusións e son, José Luís Yepes á guitarra electro acústica, Javier Carballo á guitarra eléctrica e Xosé Taboada Sax, na frauta e acordeón. A súa música parte dende a Galicia Atlántica e viaxa polos desertos co Caravan de Tizol e Duke Ellington seguindo hasta Siria e salta aos Balcáns para rematar en París. Disfrute asegurado! O domingo 9, nos Xardíns!