Dende ACAMPA queremos apostar por una acción aglutinadora do tecido social, político e cultural da
cidade no senso mais amplo posible, de rexeitamento á masacre de GAZA. Cremos que, entre outros
efectos da guerra, a matanza de mais de 12.000 cativos e cativas non deixa impasible á veciñanza da
Coruña e contorna e por iso comvocamos a que colaboredes, colectiva e individualmente na campaña
de difusión e prepración da acción que terá lugar no contexto do VIII Encontro Internacional, que
organiza a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio, enfocado este ano a profundar sobre o tema
“Infancia e Mocidade Refuxiada”.
O acto consistirá nun Minuto de Silencio diante dun Memorial á infancia asasinada, que se construirá
de forma colaborativa nos Xardíns de Méndez Núñez.
Entendemos que sobre esta proposta de mínimos debe ser o suficientemente contundente para sumar
toda a capacidade e implicación de organizacións e persoas que cremos na mobilización conxunta
como o instrumento máis poderoso que temos, queremos ser milleiros de persoas construindo ese
memorial e asistindo e convocando ao minuto de silencio, que, paradoxalmente tense que oir alto e
claro.
A acción terá lugar o 9 xuño de 2024 ás 12:00 h e de aqui alá precisamos de moitas mans, cabezas e
voces para difundir a convocatoria e contruir o memorial.
Xuntas somos máis fortes.
[21:40, 2/5/2024] Susana Alaniz: ROGAMOS SU DIFUSIÓN