O vindeiro sábado, 11 de maio, ADEGA celebra a súa 48ª Asemblea Xeral Ordinaria. Con tal motivo, gustaríanos contar coa vosa presenza nos seguintes ACTOS PÚBLICOS: -13:00 h. a 13:30 h. Saúdo ás persoas convidadas, aprobación propostas de resolución e encerramento da 48 Asemblea Xeral Ordinaria de ADEGA. -13:30 h. a 14:00 h. Acto de entrega de premios Osíxeno e Dioxina 2023. -16:30 h. a 18:30 h. Roteiro guiado pola zona de afectación da celulosa de Altri. Os primeiros dous actos terán lugar no Edificio Multiusos (Sala de Conferencias), do concello de Melide (Praza das Universidades). RESERVA PRAZA PARA XANTAR E ROTEIRO (ata mércores, 8 maio).
Se queredes acompañarnos no Xantar de Confraternización este será ás 14:30 horas no Hotel Carlos 96 (Avda. de Lugo, 119), desde onde sairemos para o roteiro, procurando partillar autos. Deberedes escoller entre menú omnívoro (carne ou peixe) ou vegano. Indicádenos se tivésedes algunha intolerancia alimentaria. Prezo 20€. Inclúe sobremesa, pan, café e bebida*. Omnívoro: Entrantes: empada, croquetas, luras, mexillóns, xamón e queixo; Principal: Canón de tenreira estofada á xardiñeira ou bacallau á galega. Vegano: Principal: Falso arroz de coliflor con verduras salteadas. Prégase nos confirmedes a vosa asistencia, tanto aos actos públicos como ao xantar e roteiro, no teléfono 981570099 ou no correo xestion@adega.gal
Data límite para resevas: mércores, 8 maio. Ficaríamos moi honrados/as de contar coa vosa presenza. Recibide unha aperta ecoloxista, Roi Cuba, presidente de ADEGA
Froilán Pallín, secretario xeral de ADEGA
|