Dirección Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento |
Mañá martes 23 de abril, o IEGPS súmase á celebración do “Día do libro” cunha xornada de portas abertas da nosa
Biblioteca que consistirá nunha visita guiada na que se mostrarán algúns dos seus fondos máis sinalados: libro
antigo; prensa histórica galega; cartelería; postais; fichas de traballo e fotografías das "xeiras" do Seminario de
Estudos Galegos... A visita, dirixida ao público xeral, terá lugar na propia biblioteca do IEGPS ás 11:30 h.