PAREMOS O XENOCIDIO EN PALESTINA
Fin ao comercio de armas e das relacións con Israel
Liberdade para as persoas palestinas presas
MANIFESTACIÓN NA CORUÑA O VENRES 19 ABRIL
SAIDA DA PRAZA DE MARIA PITA ÁS 20H
CHEGADA Á DELEGACIÓN DO GOBERNO
O vindeiro 19 de abril BDS Coruña, parte de BDS Galiza, súmase á convocatoria de mobilización estatal promovida pola RESCOP (Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina).
Boicote, Desinvestimento, Sancións (BDS) é un movemento internacional pola liberdade, a xustiza e a igualdade, liderado pola maior coalición da sociedade civil palestina. BDS busca acabar co xenocidio, a ocupación e o apartheid das palestinas, por métodos non violentos. BDS defende o simple principio de que as palestinas teñen os mesmos dereitos que o resto da humanidade.
Ademáis de BDS Coruña, tamén participan e apoian:
Centro Social Acéfala
Centro Social A Revolteira
Encontro Anti Otan da Galiza.
Coordenadora Antimilitarista Galega
Corunha Antimilitar
Defensa do Común
Unión Anarcosindicalista da Coruña
Ecoloxistas Accion Atlantica e Verde
CGT - Confederación Xeral do Traballo
Despois de 6 meses de masacre diaria reproducida nas redes sociais a sociedade civil segue sen ficar calada. Chamamos á cidadanía da Coruña e Galiza a sair á rúa e berrar contra tanta barbarie por parte de Israel, perante o silencio cómplice do goberno da Xunta do PP e a reacción morna e políticamente calculada do goberno do PSOE e SUMAR.
Non podemos permitir que sigan bombardendo e asasinando diariamente o pobo palestino. Non podemos seguir escoitando falar ao goberno español do recoñecemento dun Estado Palestino mentres continua co negocio de armas, e ca relación política e comercial con Israel.
Sufrimos co pobo palestino, e amosamos toda a nosa solidariedade coa poboación de Gaza e Cisxordania.
Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!!!