| 11:14 (hace 8 horas) | |||
NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP):
Dende a AGDSP, dicimos que o pomposamente denominado hospital Gran Montecelo pola Xunta de Galicia, ten unha historia de multiplicación de custos, tráfico de influenzas, apropiación por multinacionais do patrimonio sanitario galego e que non resolverá os problemas sanitarios ao non incrementar as camas, quirófanos e equipamento . Expoñemos o seguinte:
1.- Incremento exponencial do seu custo:
En maio de 2020, a Xunta de Galicia do PP, licita a 1ª fase da ampliación do Hospital de Montecelo por 115 M de euros. A 2ª fase, a reforma do edificio actual, sumaría 25 M de euros máis, con un total de 140 M e un prazo de execución de 42 meses.
Ca escusa da Covid, anúlase a licitación previa e realízase unha nova en agosto de 2020. O proxecto do Hospital de Pontevedra adxudícase a unha UTE de empresas construtoras por 130 M de euros, un incremento de 15 M de euros (+13%).
As obras inícianse en maio de 2021 e Feijoo anuncia unha rebaixa importante (e imposible) do tempo de execución, que pasaría de 42 a 30 meses, cunha data de finalización das obras prevista para o pasado decembro do 2023.
Finalmente salta a noticia bomba, o Novo hospital non custará 140M, nin sequera 155M, senón como mínimo 300 millóns de euros, 170 M o novo edificio (un 48% maior que o custo inicial) e 40 M a reforma do antigo edificio (60% superior).
2.- A pesar disto o aumento de recursos é ínfimo e insuficiente:
Un novo hospital enormemente custoso que só incrementará un 10% as súas camas (as restantes 60 camas non estarán en funcionamento nin van reducir as listas de agarda, xa que únicamente habilitaríanse para grandes catástrofes), só incrementa en 2 os quirófanos actuais e non disporá nin de PET-TAC (unha tecnoloxía que custa ao redor de 2 millóns de euros e que se utiliza no diagnóstico de múltiples cancros). Desta forma os pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e do Salnés seguirán sufrindo demoras ao ter que depender doutros hospitais.
3.- Tráfico de influenzas que beneficia á multinacionais chinesas, francesas e grupos de investimento internacional:
-- Da UTE adxudicataria do Hospital de Pontevedra forman parte as empresas Puentes e Calzadas e Copasa.
- Puentes e Calzadas: moi vinculada ao PP galego, foi vendida a unha empresa Chinesa a CRBC “China Road and Bridge Corporation”, pertencente ao grupo chinés CCCC, implicado en subornos en diversos países do mundo.
- Copasa: empresa salpicada en casos de pagos de comisións e denunciada por fallos estruturais nos seus edificios e enormes demoras nos seus proxectos, que mesmo acabaron en rescisións dos seus contratos.
- Coa venda de Puentes o grupo chinés CRBC, éste pasou a formar parte da UTE que xestiona o Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, xunto con Acciona, que tamén vendeu a súa parte do hospital de Vigo ao fondo francés Meridian, con sede no paraíso fiscal de Luxemburgo, e xunto con Concessia, que vendeu a súa parte ao fondo de investimento internacional RiverRock.
- RiverRock afirma “atoparse moi satisfeita pola adquisición xa que o proxecto da Xunta permite ás empresas privadas actuar “nun dos maiores hospitais públicos de España”, ademáis de recibir un canon anual que aumenta coa inflación e do que a empresa se poderá beneficiar ata setembro de 2035.
4.- Continúa na senda iniciada coa desastrosa privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo:
Todos sabemos o que supuxo a privatización da xestión do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, que sufriu severos recortes estruturais e en dotación a pesar de supoñer unha sangría continuada ás arcas públicas para o maior lucro das empresas construtoras, en liña co que está a pasar en Pontevedra, cun aumento disparatado do custo do novo hospital sen incrementar a calidade dos materiais, a sustentabilidade ambiental do proxecto nin a dotación de camas ou tecnoloxía, en mans dunha UTE participada por empresas estranxeiras con mala reputación, á que a Xunta de Galicia multiplicoulle os seus beneficios. Rueda cederá a estas empresas ademáis a xestión da nova cafetería e o aparcamento privado, que a saber o que lles custará a profesionais e pacientes.
Dende a AGDSP exiximos que o tema da construción do novo hospital de Montecelo debe ter unha auditoría previa do Consello de Contas e unha Comisión de Investigación.
Asocia